A MARIÑA.- A plataforma pola sanidade pública da Mariña convoca aos alcaldes da Mariña a unha xuntanza para tratar a situación sanitaria da Comarca, xa que consideran que a atención primaria e o Hospital están sendo desmantelados nos seus servizos.
NOTA DE PRENSA:
O colectivo denuncia que atención primaria e o Hospital están a ser desmantelados na Comarca.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca aos alcaldes da Mariña a unha xuntanza para tratar a situación da sanidade na Comarca.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca aos 14 Alcaldes dos concellos integrados na actual Área Sanitaria da Mariña a unha xuntanza que se celebrará o martes 1 de xullo ás 18:00 na Antiga Biblioteca de Burela a fin de analizar a situación na que se atopa a sanidade na Comarca e de solicitar o seu apoio para as demandas da Plataforma.
A este respecto os máis de cincuenta colectivos que conforman a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña observan con particular preocupación a política sanitaria da Xunta de Galiza, na medida que se sustenta nunha redución dos fondos destinados a sanidade pública e que propón un novo modelo de organización do sistema sanitario que pretende centralizar servizos nas grandes cidades. Esta orientación está a provocar xa unha importante merma na calidade asistencial e está a poñer en risco o sistema sanitario público no conxunto da comarca, en vías de desmantelamento e ao borde dun autentico colapso.
Os representantes da Plataforma consideran que o novo modelo organizativo implica a centralización dos servizos hospitalarios na cidade de Lugo e xa que logo a perda de servizos e especialidades no Hospital da Costa así como desprazamentos constantes da poboación da Mariña ao Hospital de Lugo para realizar probas e consultas que ate agora realizaban no Hospital de Burela. Na mesma liña denuncian que a redución do gasto sanitario nas contas públicas provocou que o “Plano Estratéxico do Hospital da Costa” xa aprobado, se quedase sen dotación orzamentaria neste ano, o que imposibilita a ampliación do Hospital da Costa, impide a ampliación do seu catalogo de servizos e prestacións e reduce os seus medios materiais e humanos.
O colectivo mostrouse tamén moi crítico coa paralización por parte da Consellaría de Sanidade do denominado “Plano Mellora” co que se pretendía aumentar os recursos dos médicos de familia así como delegar neles determinadas funcións que desenvolvían os especialistas. Agás no caso da receita electrónica que se está a introducir con grande lentitude, no caso da Mariña os aspectos que se recollían neste plano seguen sen facerse realidade. Tanto é así que a paralización de determinadas obras de infraestrutura deixou sen servizo de fisioterapia a algún centro de saúde , ou as probas de citoloxía seguen sen realizarse na primaria, ou o servizo de retinografía carece de medios para poder aplicarse. Agora ben o caso máis sangrante dáse no incumprimento en materia de persoal sanitario ata o punto non se cumpre na maioría dos Concellos da Área Sanitaria que cada ATS se corresponda cun médico ou que en varios Concellos algúns médicos vense obrigados a atender a máis de das 1250 cartillas.
Na mesma xuntanza, coa que a plataforma arranca unha serie de contactos con representantes sociais e institucionais da Comarca, solicitaran dos rexedores locais o apoio para a mobilización que a Plataforma ten convocada para o Sábado 26 de Xuño ás 12.00 con saída da explanada do Hospital da Costa.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



