Os barreirenses disfrutarán de teatro e de música para celebrar o día das Letras Galegas. O domingo 16 de maio ás 19 horas no centro social de San Cosme, dentro do programa Galicia Móvese, a compañía Lambríaca Teatro porá en escea a obra Benito Bienvenido (O casting). O acto está organizado pola Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Barreiros. E o luns 17 de maio ás 20 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro terá lugar a actuación da Coral Polifónica de Barreiros e do Cuarteto de Música Clásica Onur que serán dirixidas por Bruno Pedre Otero. Un concerto organizado polo Concello de Barreiros coa colaboración da Coral Polifónica e de Onur.
Barreiros celebra a festividade das Letras Galegas con teatro e con música
Barreiros celebra a festividade das Letras Galegas con teatro e con música
Relacionado
-
Ribadeo acolleu este domingo a XVIII Concentración Galicia e I Concentración astur galaica de Mercedes W123
-
Alfonso Villares en San Cibrao
-
Ribadeo acolleu este sábado unha xornada de convivencia astur-galaica do Club Rotary ao que asisten integrantes chegados desde Vigo, Coruña, Ferrol, Avilés, Oviedo, Gijón, León e Ponferrada