LUGO .- O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu este luns a reunión do Padroado desta entidade na que se aprobaron por unanimidade as contas do exercicio de 2009 que ascenden a 1.625.148 euros. Esta cantidade increméntase nun 42% con respecto a 2008, anualidade na que as contas sumaron 1.139.820 euros. Gómez Besteiro subliñou que “este incremento débese ó aumento no apoio ós Concellos, á prestación de servizos ás empresas e entidades sociais, e ás actividades dirixidas ó fomento do emprego dos nosos alumnos”
Unha das prioridades da Fundación é desenvolver novas fórmulas que faciliten a inserción laboral dos estudantes. Na actualidade, esta entidade mantén relación con máis de 60 empresas nacionais, e estanse a asinar novos convenios con entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia. Neste senso, o Presidente anunciou que “seguiremos fomentando a relación da Escola co sector empresarial mediante convenios de prácticas, bolsas e diversas colaboracións para ofrecer unha formación de calidade e axeitada á demanda do mercado audiovisual, e acadar a inserción laboral dos nosos alumnos”.
Na sesión, ademais de Gómez Besteiro, estiveron presentes os membros dos diferentes grupos políticos que compoñen o Padroado, así como o director Jorge Coira, e o produtor José María Besteiro.
Prazo de matrícula
Dende o inicio da actividade da EIS, a única da provincia, máis de 125 alumnos cursaron os seus estudos de Produción e Realización. En 2009 foi o curso no que, por primeira vez, se cubriron todas as prazas e no que, debido o aluvión de demandantes, houbo unha ampla lista de espera. Gómez Besteiro adiantou que o 21 de xuño abrirase o prazo de inscrición para o curso académico 2010-2011.
Actividades da Fundación en 2009
As actividades desenvoltas en 2009 nos centros dependentes da fundación – CPR TIC Escola de Imaxe e Son de Lugo, CPP Centro de Produción de Programas e LFC Lugo Film Commission -, a partir dos informes de xestión e das memorias de actividades presentadas na sesión do Padroado, responden a tres obxetivos:
1º) Apoio á formación práctica dos alumnos da EIS. Este ano houbo, entre outras actividades, encontros con directores como José Luis Cuerda, Ángel de la Cruz ou Manane Rodríguez; visitáronse as rodaxes de Os Crebinsky ou Os mortos van a presa; e estudantes e bolseiros, así como técnicos da Fundación, participaron na gravación do documental Hitler, Garbo… e Araceli, nas curtametraxes que o director Roberto Lolo realizou en Sarria, e en varias competicións deportivas emitidas en televisións de ámbito local e nacional.
2º) Cooperación cos Concellos e colaboración con empresas e entidades sociais para a promoción da provincia. A Fundación realizou diferentes vídeos sobre os Camiños que atravesan a provincia, festas, o labor dos establecementos turísticos, ou o das asociacións sen ánimo de lucro. Da mesma forma, difunde os seus contidos os medios de comunicación de Galicia.
3º) Accións de promoción e difusión das Tic. Neste apartado inclúense, por exemplo, actividades para a difusión das Tic ós xubilados no Día do maior, no San Froilán co proxecto Son de Lugo e non o nego, ou a posta en marcha dun novo portal Web onde se reflicta todo o traballo que se vén de realizar a diario.
Central de Proceso de Datos
O titular do organismo provincial adiantou que o Centro de Proceso de Datos de Respaldo –CPD- ubicarase nas instalacións da Fundación no Polígono do Ceao “multiplicando por 10 a capacidade de acceso á Rede, e reforzando os servizos que na actualidade presta esta entidade”. A CPC é un sistema que centraliza a información da Deputación e dos Concellos, e garante o funcionamento dos 120 procedemento que presta ós cidadáns o programa Innova-TE ante calquera adversidade. A CPC Central situarase no Pazo de San Marcos, malia que por seguridade e obrigatoriedade, o organismo provincial acondicionará esta segunda sala.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



