LUGO .- Un total de 1.872 alumnas e alumnos de 48 centros de Lugo terán en setembro cadanseu ordenador ultraportátil na aula, grazas á implantación do Proxecto ABALAR nos centros educativos da provincia, que vai desenvolver a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A iniciativa supón un investimento de 1.430.000 euros en equipamento informático, infraestruturas e formación do profesorado, o que demostra a forte aposta que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a facer pola calidade do ensino.
Así o manifestou a delegada territorial de Lugo, Raquel Arias, que presentou hoxe o Plan ABALAR para Lugo acompañada polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema, e o subdirector xeral de Sistemas Informáticos da Consellería de Educación, Carlos Vázquez Mariño.
Previo ao encontro cos medios, os representantes da Consellería de Educación mantiveron unha reunión cos directores dos 48 centros lucenses que participan nesta primeira fase do Proxecto ABALAR. Os primeiros en entrar no proxecto para a implantación das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) o vindeiro curso serán 89 aulas de colexios e institutos. Así, os alumnos e alumnas de 5º de Primaria e 1º da ESO, disporán de cadanseu ordenador ultraportátil. Ademais, o proxecto dotará ás aulas de encerado dixital e ordenador de sobremesa para o profesorado.
Integración da comunidade educativa
A estratexia de implantación das TIC no sistema educativo que está a desenvolver a Consellería de Educación, a través do Proxecto ABALAR vai supor a conversión de colexios e institutos en Centros Educativos Dixitais, o que redundará nun cambio do modelo ensino-aprendizaxe. Isto esixe a adopción e integración das TIC en todos os ámbitos do proceso educativo, a través do fomento da Cultura Dixital, e coa implicación das familias e de toda a comunidade educativa. Para favorecer esta participación, o proxecto disporá dun portal web propio, ‘espazoABALAR’, que será o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade –profesorado, alumnado, familias, ANPAS…-.
Deste xeito, as familias poderán facer un seguimento académico dos seus fillos en ‘espazoABALAR’, grazas a un procedemento de comunicación directa e multicanle cos profesores e titores.
Por outra banda, o espazo destinado aos docentes na plataforma web de ABALAR facilitará a parte administrativa do seu traballo, simplificando procesos como a introdución de datos nos expedientes do alumnado, abrindo novas canles de comunicación cos alumnos, as familias, a dirección do centro e o resto do profesorado. Ademais, a web vai poñer ao seu dispor ferramentas moi demandadas polo profesorado como o ‘Caderno do Profesor’, no que atopará ferramentas para o control da asistencia do alumnado, o diario de clase, as tarefas e traballos asignados aos alumnos, etc. Parte desta información estará tamén dispoñible para as familias, de tal forma que poidan seguir de cerca o desenvolvemento académico dos seus fillos
A súa participación no proxecto vai quedar tamén favorecida polo ‘Repositorio de Contidos Educativos Dixitais’. Trátase dunha ferramenta que permitirá a xestión, difusión e emprego dos recursos educativos desenvolvidos pola comunidade educativa de Galicia para integrar as TIC, e onde se agregarán outros de diferente procedencia (repositorios doutras Comunidades Autónomas, Ministerio ou mesmo internacionais). Isto significa, dunha banda fomentar a colaboración entre a comunidade docente, aproveitando ademais as mellores prácticas desenvolvidas nos centros máis avanzados; e doutra poñer en valor o seu traballo, como actores fundamentais do cambio educativo.
No tocante ao alumnado, ‘espazoABALAR’ permitirá nun futuro novos mecanismos para traballar con estudantes que requiran unha atención especial e diferenciada. Deste xeito, posibilitará a educación a distancia, facilitando o acceso ao ensino a enfermos de longa duración hospitalizados ou nas súas vivendas, persoas con mobilidade reducida, e estudantes con necesidades específicas. Ademais, permitirá un amplo seguimento académico, e a interacción co profesor ou a dirección do seu centro, o que se traduce nun claro fomento da actitude colaborativa.
Unha aposta de futuro
Baseado sobre accións planificadas no ámbito da tecnoloxía, da metodoloxía educativa, e da capacitación dos docentes, a meta final que persegue ABALAR é un cambio integral no modelo educativo, de tal forma que se pase do uso dunha aula específica de informática a que esta sexa parte diaria da actividade en todas as aulas.
No período 2010- 2013 está previsto que se beneficien da modernización do ensino uns 87.000 alumnos de 1.000 centros educativos de toda Galicia, ademais de 15.000 docentes, que recibirán formación específica para o uso das TIC na súa práctica diaria.
Centros Proxecto ABALAR en Lugo
| NOME | LOCALIDADE | CONCELLO |
| CEIP de Monforte de Lemos | Monforte de Lemos | Monforte de Lemos |
| CEIP do Vicedo | O Vicedo (Santo Estevo) | Vicedo (O) |
| CEIP Eloísa Rivadulla | Chantada | Chantada |
| CEIP Paradai | Lugo | Lugo |
| CEIP Santa Rita | Galdo (Santa María) | Viveiro |
| CEIP A Gándara | Monforte de Lemos | Monforte de Lemos |
| CEIP Xoán de Requeixo | Chantada | Chantada |
| CEIP TOTAL | 7 | |
| CEP Luís Tobío | Viveiro | Viveiro |
| CEP TOTAL | 1 | |
| CPI Dr. López Suárez | Friol (San Xiao) | Friol |
| CPI Dr. López Suárez | Vilasante (San Salvador) | Saviñao (O) |
| CPI Luís Díaz Moreno | Baralla (Santa María Madanela) | Baralla |
| CPI Ramón Piñeiro | A Pobra de San Xiao (San Xiao) | Láncara |
| CPI Tino Grandío | Guntín De Pallares (San Salvador) | Guntín |
| CPI TOTAL | 5 | |
| CPR La Inmaculada | Lugo | Lugo |
| CPR La Milagrosa | Lugo | Lugo |
| CPR María Auxiliadora | Lugo | Lugo |
| CPR Ntra. Sra. de la Asunción | Sarria | Sarria |
| CPR Nuestra Señora del Pilar | Foz (Santiago) | Foz |
| CPR Padres Escolapios | Monforte de Lemos | Monforte de Lemos |
| CPR Padres Franciscanos | Lugo | Lugo |
| CPR San José | Lugo | Lugo |
| CPR TOTAL | 8 | |
| IES A Pinguela | Monforte de Lemos | Monforte de Lemos |
| IES As Mercedes | Lugo | Lugo |
| IES da Terra Chá, José Trapero Pardo | Ribeiras De Lea (San Xoán) | Castro de Rei |
| IES de Monterroso | Esporiz (San Miguel) | Monterroso |
| IES de Palas de Rei | Palas De Rei (San Tirso) | Palas de Rei |
| IES de Quiroga | Quiroga (San Martiño) | Quiroga |
| IES Fonmiñá | Pastoriza (O Salvador) | Pastoriza (A) |
| IES Fontem Albei | A Fonsagrada (Santa María) | Fonsagrada (A) |
| IES Francisco Daviña Rey | Monforte de Lemos | Monforte de Lemos |
| IES Gregorio Fernández | Sarria | Sarria |
| IES Illa de Sarón | Xove (San Bartolo) | Xove |
| IES Lama das Quendas | Chantada | Chantada |
| IES Leiras Pulpeiro | Lugo | Lugo |
| IES Lucus Augusti | Lugo | Lugo |
| IES María Sarmiento | Viveiro | Viveiro |
| IES Marqués de Sargadelos | Lieiro (Santa María) | Cervo |
| IES Monte Castelo | Burela | Burela |
| IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes | Lugo | Lugo |
| IES Pedregal de Irimia | Meira (Santa María) | Meira |
| IES Perdouro | Burela | Burela |
| IES Poeta Díaz Castro | Lagostelle (San Xoán) | Guitiriz |
| IES Río Cabe | Monforte de Lemos | Monforte de Lemos |
| IES San Rosendo | Mondoñedo | Mondoñedo |
| IES Sanxillao | Lugo | Lugo |
| IES Val do Asma | Chantada | Chantada |
| IES Xoán Montes | Lugo | Lugo |
| IES Xograr Afonso Gómez de Sarria | Sarria | Sarria |
| IES TOTAL | 27 | |
| TOTAL CENTROS | 48 | |



















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



