RIBADEO (FNC) .- As axudas dos ARIS de Ribadeo e Rinlo, as alegacións presentadas ao Plan de Ordenación do Litoral, as obras de mellora da travesía e o regulamento de réxime interno do Hospital Asilo serán algúns dos asuntos que centrarán o pleno previsto para o vindeiro 10 de maio no Concello de Ribadeo.
Un dos asuntos que se abordarán no pleno do vindeiro luns será a aprobación das bases de axudas das áreas de rehabilitación integral do casco histórico de Ribadeo e de Rinlo. O rexedor sinala que “o que facemos con esta proposta, que en principio conta co voto favorable de todos os grupos, é modificar as bases que tiñamos ata o momento para darlle máis cabida a presupostos máis pequenos que ata agora non podían participar. Había moitas pequenas obras que non podían ter subvención e agora con esta modificación o límite váise baixar a 1.000 euros nada máis, co que será moi atractivo para que calquera cuestión menor subvencionable poida entrar. E tamén poderemos ofrecer unha maior porcentaxe económica para as grandes rehabilitacións, dado que ata o de agora moitas veces desde o Concello pedimos que se rehabiliten edificios, pero logo a capacidade para xestionar axudas por parte dos propietarios se ve bastante limitada. Cremos que nos dous aspectos esta modificación vai vir moi ben”.
Na sesión plenaria do vindeiro 10 de maio tamén se someterán a aprobación as alegacións presentadas polo Concello de Ribadeo ao Plan de Ordenación do Litoral. Suárez Barcia explica que “o que queremos é que se teña en conta o que xa temos avanzado entre todos no PXOM, que xa pasou a súa aprobación inicial e agardamos que dentro de pouco dea un paso máis coa aprobación provisional. Queremos que se recoñezan, entre outras moitas cousas, os núcleos rurais establecidos en todos os planeamentos urbanísticos a fin de que unha vez constituidos calquera actuación urbanística só dependa das autorizacións do Concello sin ter que decidir a Xunta de Galicia a maiores”. O rexedor engade que “si tanto se fala de autonomía municipal o que queremos todos os grupos é que se respecte o conseguido ata o de agora, que foi moito, cumprindo coas directrices que a Xunta foi indicando a través dos seus informes de Urbanismo, Patrimonio, Costas… Non queremos que se tire polo fregadeiro o traballo que supuxo un consenso importante entre todos”.
Irá a aprobación tamén no pleno a adxudicación da obra de mellora dos tramos urbanos da rede de estradas do Estado cuxa titularidade foi transferida ao Concello. O alcalde asegura que “uns 700.000 euros deben estar certificados no que queda deste 2010, váiselle dar un cambio importante a toda a travesía que pasa por Avenida de Galicia, Avenida de Asturias, José Vicente Pérez Martínez… é unha obra importante, moi impactante e moi complexa que leva varios meses de tramitación administrativa e agardo que no pleno do luns se proceda á súa adxudicación definitiva para poder empezar cantos antes as obras, poder cumprir coas anualidades do Ministerio de Fomento e preparar a vila de Ribadeo para un cambio sustancial en toda esa zona”.
Hospital asilo
E outro dos temas que se debatirá no Concello o vindeiro luns será a resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación do regulamento de réxime interno do Hospital Asilo municipal. Fernando Suárez relata que “hai uns tres meses se propuxo unha modificación por parte dunha persoa á que eu lle tiña moita estima, que era José Duarte. Xa daquela dixemos que ainda estando de acordo co fondo non o estábamos coa forma e plantexamos unha alegación, pero agora a maioría da Corporación decide non estimala dando por válida a proposta que o PP fixo no seu momento e que nós advertíamos que pode ser inxusta”. O equipo de goberno cuestiona que “se dea exactamente o mesmo trato a todas as persoas que poden optar ao Hospital Asilo estean aquí toda a vida ou non leven prácticamente nada porque veñen de fora. Non queremos entrar en polémicas artificiais, pero a realidade é que nos quedan moi poucas prazas vacantes no asilo e a demanda é moi importante, esto obriga ao Concello a facilitarlle o acceso sobre todo a aquelas persoas que leven máis tempo residindo en Ribadeo, porque senón pode darse a circunstancia de que alguén vindo de fora teña máis dereito que os de aquí. Nós pedíamos que alguén que quixese acceder a este centro levase aquí polo menos 10 anos, pero si a Corporación estima darlle o mesmo trato a uns que a outros sen máis rigor que así sexa, espero que eso non dea lugar a polémicas. A nosa alegación lamentablemente para nós non prosperou”.





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.



