NOTA DE PRENSA:
A Xunta de Galicia liderada por Alberto Núñez Feijoo aposta así pola mellora da asistencia sanitaria pública neste concello da Mariña lucense despois de que o bipartito prometera este novo servizo e non o creara na pasada lexislatura
BALSEIRO AGRADECE Á CONSELLERÍA DE SANIDADE QUE A AMBULANCIA COA QUE A XUNTA DOTARÁ AO CENTRO DE SAÚDE DE FOZ SEXA MEDICALIZADA E ESTEA DISPOÑIBLE
ANTES DE QUE REMATE O ANO
* A ambulancia, que supón un investimento de arredor de 900.000 euros, disporá dun médico facultativo, dun enfermeiro e dous técnicos que conformarán o cadro de persoal deste dispositivo, que contará tamén coa aparataxe e materiais necesarios para asegurar o soporte vital avanzado aos doentes que se vexan na necesidade de facer uso dela.
Foz, 6 de maio de 2010.- O centro de saúde de Foz contará cunha ambulancia medicalizada antes de que remate o 2010. Este é o compromiso adquirido pola Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas co deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol despois das xestións desenvolvidas na procura da mellora da asistencia sanitaria pública neste concello da Mariña lucense.
O feito de que a ambulancia teña un carácter medicalizado implica que, segundo o previsto na normativa autonómica vixente, -Decreto 42/1998, de 15 de xaneiro, modificado no 99- os que se vexan na necesidade de facer uso deste novo transporte sanitario serán asistidos por un médico facultativo, por un enfermeiro e dous técnicos, que completarán o cadro de persoal do vehículo. Ademais a ambulancia, que supón un investimento de arredor de 900.000 euros, contará co material e as dotacións necesarias para asegurar o soporte vital avanzado (SVA) -como as antigas UVI´s móbiles- e disporá da aparataxe precisa para asistir aos doentes en ruta, ata a chegada ao centro hospitalario de referencia, neste caso, o Hospital da Costa de Burela.
Jose Manuel Balseiro subliña que a Xunta de Galicia liderada por Alberto Núñez Feijóo aposta así pola mellora do servizo público de saúde en Foz, despois de que o bipartito pasara unha lexislatura facendo innumerables promesas que nunca cumpriu, entre elas, a dotación desta nova ambulancia medicalizada.
“Pasamos das palabras aos feitos e facémolo co compromiso de que esta ambulancia entre en servizo antes de que remate o 2010” –concluíu Balseiro- quen adiantou que o departamento autonómico de Sanidade está a desenvolver neste momento as xestións oportunas para conseguir esta ambulancia, dotala do material e aparataxe necesaria e adscribirlle o persoal que cubrirá o servizo así como planificar as obras que se executarán para a base de operacións da ambulancia.

















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



