VIVEIRO .- O complexo cultural RegalXunqueira conmemora o día internacional dos museos do 15 ao 23 de maio cun variado programa de actividades. Durante estes dias, previa consulta e reserva faranse visitas guiadas a os museos; exposicións e obradoiros para colexios, tanto de educación infantil, primaria e secundaria.
Nota de Prensa
REGALXUNQUEIRA CELEBRA O DIA DOS MUSEOS CUN AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES Ó LONGO DA SEMANA PRÓXIMA:
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
SABADO 15, DOMINGO 16 E LUNS 17, Xornada de portas abertas de Regalxunqueira podense ver un documental encol da exposición GUERNICA: UNHA EDUCACION PARA A PAZ que se proxectará ininterrumpidamente.
MARTES 18 Presentación do documental realizado pola productora madrileña NAPAMA encol da obra de Otero Regal e o complexo e obradoiros de Xunqueira co titulo de TERRA, AUGA E LUME
MERCORES 19 Mesa redonda encol DA CULTURA E POLITICA a cargo de Pablo Mosquera e Otero Regal, Pablo Mosquera desempeñou o cargo de diputado de cultura na Deputación Foral de Álava e na actualidade é Director do hospital de Jarrio en Asturias e presidente dos Aventados
XOVES 20 Actuación musical do coro e músicos do LOIS TOBIO composto por 60 persoas entre pais e nenos do devandito colexio de Viveiro
VENRRES 21, SABADO 22 y DOMINGO 23, Xornada de portas abertas de Regalxunqueira podense ver un documental realizado pola productora madrileña NAPAMA encol da obra de Otero Regal e o complexo e obradoiros de Xunqueira co titulo de TERRA, AUGA E LUME.
PERANTE ESTES DIAS E PREVIA CONSULTA E RESERVA FARANSE VISITAS GUIADAS A OS MUSEOS; EXPOSICIONS E OBRADOIROS PARA COLEXIOS, TANTO DE EDUCACION INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA
DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS: TAMÉN PARA OS NENOS
No mes de maio os museos son protagonistas de dúas celebracións internacionais que pretenden achegar estas institucións á sociedade dunha forma lúdica e festiva. O Día Internacional dos Museos celébrase o 18 de maio, e a Noite dos Museos o 20, por iso este fin de semana existen moitas actividades programadas en distintos museos de todo o mundo.
Unha boa oportunidade para que os pequenos gocen aprendendo, e descubran que os museos son un lugar onde divertirse, próximo. Ademais, a entrada adoita ser gratis estes días. A idea sobria, que existía ata fai uns anos sobre un museo cambiou, tamén hai que ter en conta os esforzos dalgúns profesionais para que os museos sexan divertidos para os nenos, que fascinen, ensinen, esperten a curiosidade. etc.
O Día Internacional dos Museos celébrase o 18 de maio en todo o mundo desde o ano 1977, tal día foi o resultado da resolución tomada na XII Asemblea Xeral do ICOM (Consello Internacional de Museos) en Moscova.
O ICOM, creado en 1946 é unha organización non gobernamental, dependente da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), con status de órgano consultivo do Consello Económico e Social das Nacións Unidas. O ICOM aglutina a museos e profesionais, e está dirixida á conservación, mantemento e comunicación do patrimonio natural e cultural do mundo, presente e futuro, tanxible e intangible.
Para este ano 2010, o lema elixido polo ICOM para o Día Internacional dos Museos é: Museos e : “Museos para a Harmonía social” é un compromiso e unha oportunidade para incrementar as nosas actividades e abrir as nosas portas á pluralidade, aproveitando para a programación dunha semán de actividades en torno o Centro cultural REGALXUNQUEIRA e os seus museos de cerámica e coiro asi como o resto das instalacións.
EXPOSICIÓN : GUERNICA UNHA EDUCACIÓN PARA A PAZ
Esta exposición pretende recoller os momentos en que Pablo Ruiz Picasso se fai eco na súa obra do horror polos estragos que causan as guerras e a sua inutilidade. A exposición recolle unha reprodución do Guernika acompañado por obra grafica encol do mitico cadro e outras obras en col do mesmo tema. Completase a exposicions con esculturas do Quemado, Alejandro Burgos e Otero Regal reinterpretando o Guernika. Esta exposición serve para por en funcionamento O CENTRO DIDACTICO DE REGALXUNQUEIRA onde se da a posibilidade de: REALIZAR UNHA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR, con dúas opcións : OPCIÓN A : 4 h. de duración. OPCIÓN B: 2 h. de duración. Con GUÍA, tanto as actividades coma a Visita ós 2 Museos do centro.. O Centro Didáctico é apto para ser visitado e participar nos seus obradoiros.(dentro do horario escolar) a partires de 1º de Educación Primaria até 2º de Bacharelato. Forma parte do noso Proxecto,en colaboración cos Centros de ensino primario e secundario e outros Centros docentes reforzar a premisa: APRENDENDO E EDUCANDO A TRAVÉS DO ARTE.
Horario de 9.45 a 13,45 e de 16.00 a 20,00 h.
COMPLEXO CULTURAL
CAMIÑO REAL, 127 XUNQUEIRA 27850 VIVEIRO
T:982562589 F:982560406
ceramica@oteroregal.com
www.oteroregal.com























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



