Semana difícil para Zapatero e o seu goberno, e tamén para todos os españois en xeral e do norte galego en particular, (ou case todos). Cando escribo isto, o presidente das Españas todas xa defendeu no Congreso as medidas que adoptou para acelerar a redución do déficit. Algunhas non son fáciles de explicar, para que imos enganarnos. A presión de Europa e o seu medo esaxerado a pensar que o noso país tomaba o mesmo camiño que Grecia levou ao Goberno a tomar medidas que noutro contexto xamais tomaría, penso eu. Noutro contexto. É importante subliñalo. O contexto é importante en política. Pertencemos á Unión Europea, e iso non sae de balde.
E Europa, do mesmo xeito que o resto do mundo, réxese por unha economía capitalista. Paradoxas da política, o mesmo Zapatero que impulsou os maiores avances sociais no noso país trae hoxe as tesoiras de podar pensións, soldos, sanidade…., sen dúbida, e como el mesmo admitiu no seu discurso, ao seu pesar.
Vivimos nun sistema capitalista que foi o principal causante da crise económica actual, pero ao que hai que seguir dándolle mans de pintura. Iso é máis fácil que cambiar o sistema financeiro global, pero non máis xusto.
Entrando nas medidas anunciadas por Zapatero, vexo ben a redución do salario dos funcionarios. Hoxe en día ser funcionario é un luxo que moitos quixesen para si. Tamén aprobo que esa redución de soldo sexa proporcional ao percibido e que aos membros do goberno e aos altos cargos aplíqueselles un 15%. Con todo, non comparto que se conxelen as pensións, os máis débiles non poden pagar a crise. Poño por caso a miña nai, xubilada de 80 anos, vive soia e cobra entre a sua misera pensión de autónoma e a parte da viudedade uns 700 euros o mes, miserento e inxusta a situación, pero que non é a única.
Poderían aplicarse outras medidas para reducir o déficit, como optimizar os recursos da administración pública: evitando duplicidades nos distintos niveis (local, autonómico, nacional); xestionando mellor os orzamentos, etc. Non son economista, pero é de sentido común que unha mellor xestión aforraría diñeiro.
En canto ao discurso de Rajoy e o PP sobre as medidas, resulta paradoxico que quen sempre criticou a Zapatero polas súas medidas de avance social, agora o critique por todo o contrario? Pero xa estamos afeitos a esta oposición, que lonxe de ser construtiva e traballar polo ben común do país, dedícase a intentar derrubar ao contrario custe o que custe.
Otero Regal


















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



