Dos anos sesenta cara a atrás, os que nacemos en barrios, no seno de familias de orixe labrega, ou de pescadores ou calquera outros oficios propios de clases populares, tivemos na nosa inmensa maioría o galego como primeira lingua. Tamén tivemos como compañeiros de viaxe un feixe de prexuízos diglósicos que requiriron dun bo esforzo para podermos superalos.
Desde aqueles que acababan usando de xeito sistemático o castelán como símbolo do novo status social acadado (o cambio da aldea cara á vila ou a cidade), pasando por aqueles que proxectaban sobre os seus fillos e fillas dita pretensión de novo status mediante a educación en castelán (nomeadamente a través da figura das nais), ou aqueloutros que cambiaban dun para outro segundo lles cadrara, ou aqueloutros, en fin que, sen abandonar o galego, asumían todo tipo de influencias para disimular a súa maneira de falar, todos coincidían nunha suposta maior condición social do castelán.
Sendo como son dunha zona onde a gheada está moi presente, non tería por que haber máis problema coas ghaliñas. Porén, o dibuxo soaba mal; mellor dibujo, dibujar, etc. Tamén, cuchillo, ayer, buenos días (os tan interiorizados buenos días como sinal de boa educación). Lembro unha tarde de verán nos anos oitenta, pola rúa do Sol disposto a enfiar a Gran Vía cara ao xardín (en Carballo). Tiña algo de presa e adiantei a unha moza que levaba da man a un cativo duns tres ou catro anos: “Non se di coitelo, dise cuchillo, oyes? Que sona mui feo!” Tanto dibujo acabou borrando do mapa sonoro (non totalmente, por sorte) o son [h] ao que tanto acoden os profesores e profesoras de inglés para explicar como se pronuncia house.
Lembro, como un dos moitos tópicos despectivos con respecto á fonética galega, aquilo de “Os de Masaricos, que baten co soco na asera” (polo seseo, ben precioso por certo, e do que tanto teño gozado en Compostela cada vez que coñecía a alguén que falaba co engado deses eses sibilantes tan preciosos e a gheada ben pronunciada).
Con todo, a sintaxe deixaba abrollar unhas estruturas netamente galegas que ¡no te me cuadraban nada bien, tú! Por que te voy decir, eh, que difícil te nos resultaba hablar en castellano, aunque no lo podiamos reconocer. Venca, venca, que poco a poco, lo conseghiremos. Oyes, y ese niño, con lo ghuapiño que te es, ¡y que no te suelta palabra en castellano! ¡Pobriño! ¡¿Y dónde te nacería?!
A tendencia xeral era a do abandono pronunciado cara ao castelán na procura de maior prestixio social (ou cando menos aparente). Pouco a pouco a lingua inzábase de castelanismos, aínda que na estrutura sintáctica notábase moito a pegada da lingua de orixe. Falar con xente maior brindábache unha oportunidade única: ir escoitando un feixe de verbas afastadas no tempo, pero tan preto da terra que as viu nacer! Como non, nos libros sempre temos moito que aprender. Pero que grande pracer poder coñecer palabras novas da man de xente maior e descubrir no seu contexto o seu significado! Nunca souben o que era un esquío ata que aprendín esa verba nos libros. Porén, si que experimentei o pracer de aprender da man de meus pais, xa maiores, o que era non ter siria nas mans. Tan só hai que poñer o oído e moitas ganas de querer saber.



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



