Os homes e mulleres desta asociación foron recibidos polo Secretario da Cámara, Jose Manuel Balseiro, veciño desta mesma localidade. Os participantes nesta visita puideron presenciar desde a tribuna de invitados as intervencións que tiñan lugar no segudo día de Sesión Plenaria do Parlamento de Galicia. Deste xeito continúan as visitas de distintos colectivos e organizacións da Mariña ao Pazo do Hórreo. O Secretario desta institución, membro do órgano rector do Parlamento, mantén a invitación a todos os mariñáns para que coñezan esta institución.




















O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



