RIBADEO .- Coa colaboración da SD RIBADEO, Concello de Ribadeo e institucións privadas o vindeiro 28 de xuño poñerase a andar o VI CAMPUS DE TECNIFICACIÓN DA FUNDACIÓN ATLÉTICO DE MADRID
O Club Atlético de Madrid e a súa Fundación consciente do importante papel que a práctica deportiva xoga na actual sociedade , como elemento dinamizador, leva a cabo unha nova edición do Campus Deportivo da FAM, queremos con iso que os máis novos poidan gozar de práctica do seu deporte favorito o fútbol, a través dos ensinos dos nosos técnicos, sen esquecernos da convivencia, as relacións entre rapaces chegados de distintas partes e a diversión, ademais das prácticas doutros deportes alternativos, diversas actividades, todo iso no mellor ambiente de xogo e traballo.
No mesmo desenvólvense unha ampla gama de programas deportivos con adestradores titulados, supervisores, monitores de lecer e tempo libre e máis profesionais ao servizo do neno.
O Club Atlético de Madrid realizou ao longo destes anos un forte investimento na realización destes Campus de verán en lugares tan diversos como Madrid, Ceuta, Benidorm, Alcoy, Estocolmo, Asturias e moitos lugares máis tanto dentro das nosas fronteiras, como fora delas.
IVAN PALACIOS ( Director do CAMPUS) :Somos un dos poucos clubs europeos que realizamos estes eventos lonxe do noso ámbito de acción que no noso caso non sería outro que Madrid.
Todo isto fai que os nosos Campus estivais, gocen de gran prestixio e teñan unha importante demanda tanto entre a xente das proximidades de onde os realizamos, como para mozos chegados de todas partes do territorio nacional, así como doutros países.
Dirixido a nenos e nenas de 5 a 17 anos.
Así mesmo técnicos da SD Ribadeo, colaboraran neste campus e posteriormente trasladaranse a Madrid onde xunto con técnicos do Atlético de Madrid asistiran a un clinic de adestradores.
Para información do campus telefono : 605952097





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



