XOVE .- 140 alumnos do Colexio Pedro Caselles, de primeiro e sexto de Educación Primaria asistirán a representación do grupo Talia Teatro que representará a obra “Valentino rufini e âkil pillabán de viaxe a milán (e van sen un can)“ dentro dos dos Circuítos Culturais Camiños da Cultura
NOTA DE PRENSA
COMEZAN OS CIRCUITOS CULTURAIS EN XOVE
O pasado luns tíñamos a primeira actuación dos Circuitos Culturais/Camiños da Cultura en Xove coa actuación de Teatro do Morcego diante dos alumnos do IES Illa de Sarón. Pois ben, mañá VENRES 4 DE XUÑO, ÁS 13:00 HORAS, imos ter a segunda representación teatral con TALIA TEATRO e a obra “Valentino rufini e âkil pillabán de viaxe a milán (e van sen un can)“ no Salón de Actos do Centro Cívico. Á mesma van acudir uns 140 alumnos do Colexio Pedro Caselles, concretamente de 1º a 6º de Educación Primaria.
Esta actividade está organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. O orzamento total deste Programa é de 5.280 €uros, dos cales o noso Concello aporta 2.280 €uros e a Consellería de Cultura 3.000 €uros.
A OBRA:
Século XVIII.Italia. O cabaleiro Valentino Rufini de regreso á súa casa en Milán é abandonado polo seu criado, que lle marcha cos cartos. Só, carregando co seu baúl de viaxe, e coa faldriqueira baleira, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasa a carruaxe a Milán. No mesmo lugar decide tamén pasar a noite Âkil Pillabán, a quen a súa ama deixou composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos os dous coñeceranse e compartirán a noite, e con ela, desexos, sospeitas e medos, mentres agardan a que de mañá pase a carruaxe. Farsa que respira da comedia da arte , ambientada na Italia do século XVIII e conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ao tempo, moi semellantes.
Valentino Ruffini é un poeta que non consegue publicar os seus libros en Venecia e de regreso á súa cidade natal, Milán, é abandoado polo seu criado. Sen cartos e apesarado pola súa mala sorte decide pasar a noite nunha casa en ruínas, ás aforas de Venecia. Pola súa parte, Âkil Pillabán, magrebí que traballaba no mundo da construción, á abandoado pola súa ama coa que tamén viaxaba a Milán, e igualmente decide pasar a noite na mesma casa onde se refuxia Valentino.
Coñeceranse alí, e xuntos agardarán pola carruaxe que vai a Milán para pedir auxilio. Xuntos pasarán a tarde, a noite e verán chegar un novo día. A desconfianza entre eles e o medo que os une provocarán divertidas historias coa que se artella un espectáculo que trata de reflexionar sobre a diferenza cultural, a desconfianza ao descoñecido e, por riba de todo, a necesidade de comprender que todos somos iguais, malia a cor da pele, das relixións e das posicións sociais.
Trátase, en definitiva, dun espectáculo para ver en familia, para rir sen medo e, ao tempo, para pensar sen prexuízos.
Para edición deste ano deste importante programa cultural, o noso Concello programou catro espectáculos, polo que inda quedan por pasar:
Amáis das obras citadas, o programa complétase con:
MÉRCORES, 25 DE AGOSTO
Teatro Babaluva S.L. con “LUME”
16:00 HORAS – SALÓN ACTOS CENTRO CÍVICO
NENOS DE 2 A 8/10 ANOS
MÉRCORES, 25 DE AGOSTO
DANI GARCÍA con “ACCIÓN”
20:00 HORAS – CENTRO CÍVICO – TÓDOLOS PÚBLICOS



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



