26 de xuño de 2010, Burela. A manifestación a favor da área sanitaria de A Mariña e o hospital da costa xuntou máis do 2% da poboación afectada direitamente por estar integrada na área que se prentende defender segundo a convocatoria. O 2% duns 72 000 significa 1 440 … De calquera xeito, as cifras varían moito segundo quen as presente. Os números anteriores son estimación persoal dun mínimo dunha estimación que polo máximo habería que achegar arriba do 3% (2 160), pero dende (ou ata) as 8 000 – 10 000 reivindicadas polos organizadores ata (ou dende) as cifras abondo menores, da orde dos 1 500, dadas polos opositores, queda un intervalo grande. No medio, un dato obxectivo: o reparto de 2 000 pegatinas, das que se ben nalgún caso se vían varias nunha persoa, eran máis aquelas que non levaban, o que parece indicar que se superou netamente a cifra dos 2 000 asistentes.
Xunto cos mariñáns, acudiron á manifestación con pancarta representantes de Monforte e o Barco, en situacións ambas áreas cunha semellanza coa de Burela. De fóra da zona sanitaria ou como entidade suprazonal só logrei identificar outra pancarta, a de Alcer, levada por dúas persoas, aínda que segundo a prensa había representación da zona do Ferrol.
Despois da manifestación cómpre avaliar o seu éxito. E, por se non foran poucas as discrepancias entre organizadores e opositores sobre a cantidade de asistentes, as diferencias aumentan ante a ponderación de resultados: mentras hai quen para considerala un éxito tería que achegarse a cifras triples que as vistas, para outros chegaría coa terceira parte para que tivera relevancia. Pero coido que non só son os números os que contan. A presencia ou ausencia de cámaras de tv é un dato a ter en conta sobre a repercusión dunha manifestación e algo do que non se soe falar moito por estar controlado en boa parte polo poder de turno, aínda que hoxe se vexa compensado en parte co que se vai colgando nas redes sociais. Tampouco se fala sobre a contrainformación / desinformación, algo que está tomando uns caracteres alarmantes eque estimo que, en parte, contribúe sempre ó éxito da difusión das ideas que propaga a manifestación, ó darlle máis pulo previo. Nin soen saír á luz pública con carácter de relevancia de feitos puntuais como o de que houbera xente que se adicou a parar autobuses e dicirlles que a manifestación estaba desconvocada, algo que poido moi ben ter variado o carácter pacífico da manifestación. A avaliación non soe recorrer a comparacións: en raros casos aparecen nos medios comentarios nos que se poña a asistencia en relación coa cantidade de xente que está a seguir o mundial, que pertence a outra esfera de eventos, do mesmo que produce moita máis influenza mediática a situación da moza dun futbolista nun estadio de fútbol que ‘a morte’ de cen persoas que protestan en Bangla Besh por cousas como o baixo salario ó coser as pelotas do mundial.
Moitas cousas a considerar, pois a parte do anterior, para avaliar o éxito dunha manifestación é diferente que haxa oportunidade de que veña xente de fóra ou non, que sexa unha protesta con múltiples sés ou non, que se dispoña de transporte fletado para a mesma ou non, … e que se considere o éxito do resultado: a concorrencia, o ver cumpridas as reivindicacións, o lograr facer ruído mediático, … Moitas cousas que no caso da manifestación que nos ocupa habería que especificar: veu xente representando outros lugares, pero como testemuña,non para incrementar a asistencia con de lugares que non se ven afectados pola área sanitaria (aínda que si pola xestión xeral da sanidade pública, que tamén era motivo da manifestación); houbo unha única sé, co que o impacto é único e a xente tivo que facer de media máis quilómetros para acoder; dispúxose de autobuses, pero á vista de como se foi enchendo de coches Burela e en concreto o aparcamento do hospital, foi unha minoría non moi grande a que se desprazou nos autobuses. En canto ó resultado, hai en xeral que esperar para poder sopesalo, se se exceptúa a propia concorrencia. O cumprimento das reivindicacións pasa neste caso dende a presión polo cumprimento á ‘xa está todo feito de antes’, pero verase a efectividade de ambas opcións aínda no futuro. En canto ó ruído mediático, neste caso está conseguido a nivel zonal. A nivel galego, a cousa xa non está tan crara, e a sinxela constatación da posible diferenza de visión de dúas persoas diferentes que consulten habitualmente diferentes medios pode facer pensar, máis aló do éxito ou fracaso na difusión deste acto concreto, na esquizofrenia que se está a instaurar na sociedade, con compartimentos estancos en moitos sentidos.
En canto ó impacto do número, e a pesares das diferentes estimacións, quizáis o máis práctico sexa o facer comparacións con outras manifestacións na zona ou a niveis galego ou estatal. Para elo, necesítase unha función de relación. Así, pode considerarse a propocionalidade linear entre número de afectados afectados / base da posible participación, e asistentes, o que considera por unha beira que todas as persoas somos iguais en canto ó cómputo… pero fai caso omiso de que para ir a manifestarse a Madrid fai falta máis tempo e medios, por exemplo, que se a manifestación é ó pé da casa, ou que o poder de convocatoria dunha espectativa de masa maior é tamén maior. Quizáis podería ser considerada máis xusta unha relación como a empregada en estatística para estimar a confianza dunha mostra, isto é, o número de asistentes en relación coa raíz cadrada da poboación afectada, que considera factores matemáticos, máis obxectivos, pero por iso mesmo menos humanizables. No primeiro caso, a nivel estatal, unha manifestación debera ter un número de asistentes entre uns 6 000 000 segundo os organizadores e 1 000 000 segundo quen estivera en contra. Se collemos o segundo, serían uns 250 000 segundo os organizadores e 40 000 segundo a oposición. Números moi diferentes, pero que dan unha idea da situación. No caso de ser unha manifestación con interese centrado no concello de Ribadeo, as cifras variaría entre pouco menos de 1 500 e 200, no caso de relación linear, e entre 3 500 e 600 se consideramos a relación da raíz cadrada.
Así, podemos darlle a volta tanto ós números como ás estimacións noutros sentidos,e quizáis esteñamos esquecendo o xuntar ou achegar esas estimacións ó que son os intereses económicos e políticos, porque ó final, somos humanos e aínda que se consideren o éxito ou fracaso apoiados en estimacións ou feitos que consideramos obxectivos, pode máis a percepción (aínda irracional moitas veces) e os sentementos. Quizáis, o máis elocuente deste xogo de percepcións e engano foi, para min, despois de considerar internamente eu a marcha como un éxito de asistencia, xa despois da manifestación, e ó atravesar un paso de peóns, ver un coche que pasa por diante, sen parar e escupindo máis que comentando o condutor pola ventanilla aberta: ‘a manifestación é un pufo’. Estariamos pensando na mesma manifestación? Iria el ou vería a marcha? Interpretamos o mesmo con esa frase? Coido que non en ningunha das tres preguntas.
E chega o final, os comentarios que poden dar máis información que os fríos números, pero tamén dirixir a atención. Neste caso, e xa que levo a falar todo o tempo do resultado da manifestación pero non da idea que se defendía, continúo na liña de non tratala.
Que se notou en falta? Para min, faltou xente nova, non vin moita máis da que levaba a pancarta dunha asociación xuvenil. Barrunto que quizáis porque usan menos os servizos sanitarios, pode que porque dada a estrutura poboacional actual da Mariña non teñan a relevancia demográfica que no pasado e a que eu lles atribúo, ou quizáis, sinxelamente, pola apatía que se lles asigna moitas veces na actualidade. Asemade, pode dicirse que faltou difusión previa: a modo de exemplo, un coñecido que estaba no hospital cunha paciente que leva xa algún tempo non se enterara do tema… nin sabía do problema, pero isa ‘desinformación’ é difícil de combater. O que non faltou foi a calma: algún coreo de consignas, case sempre limitado á primeira parte da marcha, algunha palma, e punto: nada de saídas de tono. Quizáis calma de máis.
Sobras? Pode que se poda dicir sinxelamente que non sobrou nada nin ninguén, pero un despistado podía saber por onde ía comezar a manifestación se se fixaba por onde se ían agrupando persoas máis coñecidas como os alcaldes, concelleiros e demáis participantes. Algo tamén difícil de evitar, se se quixera facelo.


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



