Nota de Prensa
O BNG INTERESÓUSE NO PLENO POLA REPARACIÓN DO VIAL DE ACCESO A SAN CAETANO QUE PERMANECE DERRUIDO DESDE O ANO 2008. OS NACIONALISTAS CRITICAN A FALLA DE INTERÉS DO EQUIPO DE GOBERNO POLA REDE VIARIA MUNICIPAL.
Barreiros, 2 de xuño de 2010. O BNG preguntou no pleno do pasado xoves pola reparación do vial de acceso a San Caetano que permanece derruído desde o ano 2008. Aos nacionalistas parécelles curioso que o alcalde non lles soubese dar unha resposta sobre o que se ía facer nin si se contaba con partida orzamentaria para acometer eses traballos.
O portavoz do BNG, Antonio Veiga sinalou que “unha vez máis no pleno celebrado o pasado 27 de maio desde o grupo municipal do BNG tivemos que requerirlle ao alcalde que nos dixera en qué estado están as xestións para reparar o vial de acceso a San Caetano, que como se recordará leva derruido desde novembro de 2008. É curioso que non nos soubese dar unha resposta do que se ía facer nin si se contaba con partida orzamentaria ao respecto”. Para os nacionalistas “non é de recibo que desde novembro desde hai dous anos esto non estea presupostado, o que deixa ben ás claras o desinterés total polo problema cos agravantes que xa repetimos en máis dunha ocasión, xa que polo centro dese vial discorren as principais tuberías do abastecemento de auga para todo Barreiros desde a estación depuradora do río Masma en Celeiro de Mariñaos. E co agravente tamén de que xa van dous anos con este acceso cortado cos problemas que eso significa para os gandeiros, agricultores e veciños da zona que en moitos casos teñen que dar un importante rodeo. Vemos un desinterés total por parte da alcaldía e da concellaría de Obras que nin siquera ten vaiado o tramo de vial derruido co perigo que eso pode supoñer si algún vehículo pasa por aí. Non se puxeron alternativas enriba da mesa e o cabreo dos veciños é máis que xustificado a estas alturas”.
Barral
Veiga Outeiro tamén lembrou que “na mesma parroquia desde o ano 2007 está paralizada unha obra de acceso ao barrio do Barral desde a N-634 á altura do punto kilómetrico 574, o que fai tamén que moitos veciños para acceder a esta zona teñan que dar rodeos de 2 kilómetros tanto para entrar como para saír, dado que a obra quedou a medio facer e o desnivel existente no punto de entronque coa estrada nacional é bastante perigoso. Esto deixa ben ás claras cal é a situación da rede viaria do concello que recibe un tratamento nulo. É curioso que teñan un concelleiro de Obras con adicación exclusiva e que sexa cando peor están as estradas”.
Peim 2010
Desde o grupo municipal do BNG “tamén lle preguntamos no pleno cales son as propostas para o PEIM de 2010, o Plan de Equipamentos e Infraesctructuras Municipais que desde Medio Rural, consellería á fronte da que estaba o nacionalista Alfredo Suárez Canal, durante os anos 2006, 2007, 2008 e 2009 fixeron que Barreiros gozase de importantes partidas económicas para a súa rede viaria extensa. A estas alturas non sabemos, porque tampouco o sabía o alcalde cales son as previsións que ten Barreiros para o 2010, porque desde Medio Rural tampouco nada hai preparado ao respecto. É un plan moi necesario para Barreiros e coincidimos co que din os veciños que nunca tan mal estiveron nos últimos vinte anos as estradas municipais”.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



