NOTA DE PRENSA:
Os nacionalistas solicitan a comparecencia do Conselleiro de Educación no Parlamento para explicar a situación do centro de Foz
Basanta ve discriminación a Foz tras a eliminación dos ciclos formativos.
Foz , 19 de Xuño. O Bloque Nacionalista Galego denunciou o anuncio que ven de facer a Consellaría de Educación coa que se pretende eliminar varios ciclos formativos no IES de Foz o que vai significar a efectos prácticos o desmantelamento da oferta profesional neste Concello. Segundo o Portavoz Nacionalista Xoán Carlos Basanta “a proposta da Consellaría de aumentar o número mínimo de alumnos/as para abrir un novo grupo dun ciclo formativo, pois pasa de 8 alumnos/as a 12 nas cidades e de 6 a 8 nas vilas representa a efectos prácticos a centralización de ciclos con demanda como os que se imparten en Foz pasen a prestarse nas cidades, o que significa volver a moitos anos atrás cando nos tiñamos que desprazar fora de Foz para cursar os nosos estudios medios”
Xoán Carlos Basanta criticou que “esta medida non só implica que diminúa a oferta educativa no centro de Foz, e polo tanto establecer novas limitacións as posibilidades formativas, senón que supón afondar no trato discriminatorio que as Consellarías de educación do PP manteñen co noso Concello”. Neste sentido Basanta lembrou “que no seu momento o Conselleiro Currás xa non atendera a petición unánime non só da comunidade educativa senón do conxunto da corporación focega de que o Bacharelato artístico se impartise en Foz. Aínda así naquel momento comprometeuse diante dos grupos de corporación de poñer en marcha no Concello un ciclo de frío industrial polo que aínda estamos agardando e o ciclo de informática que agora pretenden eliminar”. O portavoz Municipal do BNG anunciou que o seu grupo vai levar esta problemática ao Parlamento de Galiza “porque este non é un problema exclusivo da comunidade educativa senón que afecta ao conxunto dos veciños e é de agardar que o conxunto das forzas políticas do Concello actúen en consecuencia en relación con este tema”.
O Bloque Nacionalista Galego criticou tamén as formas coas que a consellaría da educación procedeu neste asunto tomando unha decisión unilateral, sen dialogar previamente coa comunidade educativa, sen contar co informe da inspección o que levou a que os veciños de Foz soubesemos da nova a través do DOG. “ O Conselleiro de Educación non pode tomar estas decisións de xeito unilateral, isto é recortar e ofertar ciclos en función de non se sabe que intereses e máis cando os prexuízos que se crean son tantos” afirmou Basanta. Na mesma liña os nacionalistas critican que se este a utilizar diferentes varas de medir entre centros educativos da mesma Comarca, “ xa que en Foz fechan o prazo de matrícula o 31 de Xullo para garantir o mínimo de alumnos para a continuidade dos ciclos, o que impide que se matriculen alumnos de cuarto da ESO e de Bacharelato pendentes dos exames de recuperación de setembro, mentres que no IES de San Cibrao ábrese un prazo extraordinario de matrícula do 1 ao 13 de Setembro para os alumnos que pretendan inscribirse no novo ciclo que van abrir de Química Industrial”, aseverou Basanta quen esixiu unha explicación por parte da Consellaría das razóns que motivan dúas varas de medir distinta para dous centros veciños.
O Portavoz Municipal do BNG advertiu do alcance das consecuencias “posto que se ven hai un acordo verbal de que nun primeira etapa só se suprimiría o ciclo de informática, existe o risco certo da desaparición do ciclo de comercio e do hostalería no caso de que a data de 31 de Xullo non se chegue a ratio mínima esixida pola normativa da Xunta de Galiza o que significaría a morte de facto da formación profesional no noso Concello, na medida que só permanecería aberto o ciclo de cociña”. Nesta liña o nacionalista lanzoulle unha mensaxe á Xunta de que non é tolerábel o trato que mostran cara Foz con decisións como esta e que “se perseveran nesta liña vanse atopar cunha resposta á altura da gravidade da decisión da Xunta”. Na mesma dirección Basanta esixiu un pronunciamento claro do PP de Foz e da Mariña en relación con isto, “aquí non cabe o silencio, posto que quen cala outorga, e calar aquí e ficar retratado diante de todo o pobo de que intereses se están a defender”, rematou o nacionalistas


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



