Onte, día 16 de Xuño, coincidindo co debut de España no mundial de fútbol o goberno aprobou o decreto de reforma laboral. Non foi casual a data. Dende hai meses sábese o calendario de competición do mundial de fútbol, e o goberno buscou esta data para distraer a atención sobre o decreto que ían aprobar.
E aínda por riba, o mal resultado de España no partido de onte axudou a que no día de hoxe se fale máis do fútbol que do decreto en cuestión.
Pero, aínda que co decepción lóxica do resultado acadado no partido de onte, eu non quero distraer a atención do decreto aprobado. E sobre o mesmo quero facer os seguintes comentarios:
* O decreto de reforma laboral aprobouno o goberno co animo de loitar contra o paro e para favorecer a creación de emprego. Pois ben, ninguén, absolutamente ninguén, nin o propio goberno, cree que este decreto vaia favorecer a creación de emprego.
* O único que se consegue con este decreto é o abaratamento e a axilización no despido de traballadores.
* Para fomentar a creación de emprego hai que facer unha reforma moito mais complexa. Hai que cambiar de modelo económico e adaptarse aos novos tempos.
* Tamén ten que cambiar a mentalidade da maioría dos empresarios que só buscan o enriquecemento rápido, sen asumir ningún risco. Mentres hai beneficios todo vai ben, pero cando comeza a haber perdas só se pensa en cerrar e demandar axudas. Aínda que as perdas sexan escasas comparadas cos enormes beneficios de anos anteriores.
* Este decreto non gusta a ninguén. Non gusta aos traballadores nin aos sindicatos por que so supón recortes para os dereitos dos traballadores. Non gusta aos empresarios por que eles queren mais axudas e de outro tipo (incentivos económicos, baixa na cotización a seguridade social, etc), vaia que lles parece escaso, Non gusta aos partidos da oposición por que non foron consultados antes da súa elaboración, e algúns deles pensan que danan os dereitos dos traballadores.
* Por non gustar non lle gusta nin ao goberno, que vai pagar un prezo político moi alto por unha reforma que supón o maior recorte de dereitos dos traballadores na historia moderna do noso pais, o mesmo tempo que non vai solucionar absolutamente nada na loita contra o paro.
Pero do que se trata é de ir facendo que se fai algo, e que vaia pasando o tempo a ver si por un casual cambia a situación económica en Europa e nos arrastra.
Polo de pronto xa se conta co apoio de CiU para sacar o decreto adiante no Parlamento. Os cataláns son os máis listos da crase e aínda que o decreto non lles gusta, e impórtalles un pemento, seguro que aproveitan para sacar unha boa tallada polo apoio.
Iso sí, hai que procurar que o día que se debata o decreto no Parlamento coincida cun partido de España no mundial. Non cambia a votación, pero distrae moito.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



