BURELA (FNC) .- O equipo de goberno critica a falla de apoio da Xunta para a creación de emprego. Neves Cando asegura que das 34 prazas solicitadas por Burela a través dos programas de cooperación o goberno galego só lle concede 11. Dez son socorristas para as praias e 1 persoa máis para o banco municipal de tempo. A PSOE e BNG non lles serven as desculpas de crise e de austeridade cando o goberno galego vai gastar moitos cartos na compra de sillas para a biblioteca da Cidade da Cultura.
A tenente de alcalde sinala que “desde o equipo de goberno de Burela queremos denunciar publicamente a falla de apoio da Xunta para a creación de emprego e o mantemento dos servizos municipais. Refírome á dotación de persoal que a Xunta fixo para o noso concello dentro dos chamados programas de cooperación, polos cales os Concellos solicitamos a contratación dun certo número de persoas desempregadas para cubrir distintos servizos municipais”. Cando lembra que “a petición que faciamos este ano desde Burela era para empregar a 34 persoas paradas en distintas funcións, desde socorristas para as nosas praias pasando por persoal para xardinería e limpeza dos areais, albaneis para obras, persoal para a oficina de turismo e o barco museo agora na tempada estival e persoal tamén para distintos servizos municipais como Cultura, Emprego, Sanidade, Xuventude ou Igualdade. E cal é a nosa sorpresa que nestes momentos duros de crise económica e aumento do paro a Xunta só nos concede 11 persoas, 10 socorristas cando nós pedíamos 12 para atender ás nosas praias de bandeira azul e 1 persoa máis para o banco municipal de tempo”. A edil nacionalista subliña que “ésta é a aposta do PP na Xunta polo emprego e polas familias de Burela que se atopan en situación de paro. O máis curioso é que o PP de Burela reclamaba en xaneiro de 2010 que os orzamentos municipais contemplasen medidas para paliar os efectos do paro no noso pobo e agora que a Xunta ten a posibilidade de facelo no marco destes programas de cooperación reduce a nosa demanda de 34 prazas para desempregados a só 11 as concedidas”.
Neves Cando reitera que “este é o compromiso do PP cos veciños e veciñas de Burela que se atopan en situación de desemprego, este é o compromiso do señor Feijóo para con Burela cando dixo na campaña nas autonómicas de 2009 que combater o paro era a súa prioridade e que poría enriba da mesa medidas concretas en 45 días. Estas son as medidas do PP, recortar as expectativas de creación de emprego no noso concello e impedir que arredor de 20 persoas desempregadas puidesen traballar durante uns meses”. Ao equipo de goberno de Burela non lle valen as desculpas, “os argumentos de que son tempos duros de crise e austeridade non nos valen porque co que van gastar en comprar sillas, a unha media de 500 euros cada unha, para a biblioteca da Cidade da Cultura chegábanos a nós para sacar do paro a unhas cantas persoas en Burela”.





















O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.



