NOTA DE PRENSA:
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, JM Balseiro Orol, rexistra unha iniciativa polo procedemento de urxencia na que tamén se interesa polas xestións que desenvolverá o ente público autonómico para garantir o bo funcionamento do servizo
O PPdeG SE INTERESA NO PARLAMENTO POLOS MÚLTIPLES E REITERADOS INCUMPRIMENTOS DO GOBERNO MUNICIPAL DE VIVEIRO QUE LEVARON A PORTOS DE GALICIA A SUSPENDER A CONCESIÓN SOBRE AS INSTALACIÓNS NÁUTICO DEPORTIVAS
* Os populares consideran significativamente grave que as irregularidades non só estean avaladas polos servizos de inspección que incluso valoran a posibilidade de propoñer algunha sanción de tipo administrativo, senón que sexan tamén os propios usuarios os que, a través dun escrito avalado por un número significativo de sinaturas, se suman a estas denuncias
Santiago, 9 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Galicia se interesa no Parlamento galego polos múltiples e reiterados incumprimentos nos que vén de incorrer o Goberno municipal de Viveiro e que levaron a Portos de Galicia a suspender a actividade, uso e explotación por parte desta administración local das instalacións náutico-deportivas.
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol rexistrou unha iniciativa tramitada polo procedemento de urxencia para coñecer polo miúdo as medidas que ten previsto desenvolver Portos de Galicia despois de constatar a situación de inactividade e absoluta falta de control que se veñen denunciando os distintos informes de inspección aos que teríamos que engadir as queixas de múltiples usuarios do porto deportivo.
Segundo as informacións que teñen transcendido ata o momento o Concello de Viveiro, rexido polo socialista Melchor Roel, non só tería incumprido reiteradamente os requirimentos de documentación que se lles facía desde Portos de Galicia senón que ademais estaría a obstaculizar todos os intentos efectuados pola administración autonómica para o control da actividade, como por exemplo, a solicitude formal dos arrendamentos (tanto de amarres como de servizos) formalizados polo Concello de Viveiro nos últimos anos. Malia a advertencia expresa de que este tipo de comportamentos suporían a apertura dun expediente de caducidade da concesión o Concello de Viveiro non fixo nada por corrixir as irregularidades detectadas.
A alcaldía de Viveiro, rexida por Melchor Roel debera explicar tamén como é posible que a relación de embarcacións declaradas para o abonamento da tarifas portuarias non se corresponda coa realidade, que os datos das embarcacións de tránsito non aparecen nos libros de rexistro, que o propio concello estea a realizar todo tipo de eventos sen requirir autorización algunha e que non estea a cumprir as obrigas relativas á limpeza da lámina de auga e mantemento de calados.
AVALADAS POR INSPECCIÓN E USUARIOS
Os populares consideran significativamente grave que as irregularidades non só estean avaladas polos servizos de inspección que incluso valoran a posibilidade de propoñer algunha sanción de tipo administrativo, senón que sexan tamén os propios usuarios os que, a través dun escrito avalado por un número significativo de sinaturas, súmanse a estas denuncias, de xeito especial, por falta de seguridade e mantemento nas instalacións.
Finalmente a través da súa iniciativa queren coñecer as previsións que manexa Portos de Galicia para garantir o bo funcionamento de servizo durante este período transitorio no que este ente público autonómico asume directamente a xestión do porto deportivo, ata a finalización do expediente da caducidade. Lembran que o Concello de Viveiro non deu resposta aos requirimentos que se lles fixo para entre outras cuestións garantir servizos tan básicos como o de acceso ao subministro de combustible, servizo de vixilancia 24 horas todos os días da semana, control de acceso restrinxido aos pantaláns, control das instalacións eléctricas ou sinalizacións legalmente esixidas do pantalán de recepción.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



