XOVE .- Na sala de audiovisuais do IES Illa de Sarón, comezou un “Curso de memoria” no que participan 15 adultos. Este Curso, que está sendo impartido pola profesora Salomé Muiño Gómez, é o primeiro dunha serie que van ser impartido nos vindeiro meses.
NOTA DE PRENSA
CURSO DE MEMORIA EN XOVE
Hoxe luns 14 de abril, ás 18:00 horas, na Sala de Audiovisuais do IES Illa de Sarón, comezou un CURSO DE MEMORIA no que participan 15 adultos do noso Concello. Este Curso terá continuidade os dias 17 e 21 de xuño, con dúas horas cada día, o que nos dá un total de 6 horas.
O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Cultura, ven de por en marcha, coa colaboración do IES Illa de Sarón de Xove e o CEIP Pedro Caselles Rollán, unha nova edición do “Programa de Apertura de Centros Educativos Públicos Fóra de Horario Lectivo 2010” (Orde do 17 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases e se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións para o cofinanciamento do Programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo nos concellos de Galicia para o ano 2010.)
Trátase dun programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que abre a posibilidade de utilizar as instalacións educativas como recursos para realización de actividades dentro dun concepto de servizos complementarios que mellore a oferta educativa.
Este Curso, que está sendo impartido pola profesora Salomé Muiño Gómez, é o primeiro dunha serie que van ser impartido nos vindeiro meses e que van dirixidos a alumnos/as do Ceip Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón; nesta edición tamén se abriron estes Cursos a adultos, concretamente ás familias dos estudiantes, como é o caso de este curso.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



