XOVE .- 19 alumnos e alumnas do IES Illa de Sarón, e 15 adultos da Escola de Maiores, participaron nunha nova actividade do programa “Encontros” en Xove, esta vez adicada ao mundo do mar. A actividade tivo lugar no Portiño de Portocelo, e estivo adicado á pesca de baixura, tanto a pé como en lancha.
NOTA DE PRENSA
NOVA ACTIVIDADE DO PROGRAMA “ENCONTROS” EN XOVE, ESTA VEZ ADICADA AO MUNDO DO MAR
Este Programa está organizado pola Unidade de Educación Familiar e o Departamento Municipal de Igualdade do Concello de Xove e subvencionado, en parte, pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Este proxecto ten un doble obxectivo, crear espazos nos que os rapaces e rapazas coñezan de primeira man os traballos e oficios do noso concello, dende empresas a traballos relacionados co agro, o mar e a casa, explicados polos propios veciños, e fomentar a igualdade de xénero.
A última actividade que se desenvolveu dentro deste Programa tivo lugar onte 16 de xuño no Portiño de Portocelo, e estivo adicado á pesca de baixura, tanto a pé como en lancha.
Na actividade participaron 19 alumnos/as do IES Illa de Sarón, que actuaron lóxicamente como alumnos, e 15 adultos da Escola de Maiores, que fixeron, tamén lóxicamente, de profesores, dado que, ao fin e ao cabo, do que se trataba era de que estes últimos explicaran aos máis xoves o oficio de pescador, tanto a pé como en lancha, oficio este, dos de máis tradición nun Concello tan costeiro coma o noso. Na xornada tamén estiveron presentes a Concelleira de Igualdade Ana Abad, coordinando a actividade, e tamén o Inspector do Gardacostas de Galicia Gabriel López, o cal lles explicou aos rapaces todo o tema de licencias para poder exercer o oficio da pesca.
Unha das cuestións nas que máis se lles incideu foi no tema dos plásticos, auténtico veleno para o mar, dado que tarda centos de anos en degradarse, dahí a súa perigosidade.
Dentro xa das prácticas realizadas, estiveron recollendo miñocas como cebo para poder pescar, pasando despois a unhas pequenas prácticas de remo co fin de aprender a mover e maniobrar nunha lancha pequena (chalano). Tamén tiveron oportunidade de coñecer varias artes de pesca como aparellos, nasas, etc, así como artiluxios tales como zalabardos, raños, etc.
Por último, os alumnos recibiron unha ampla información sobre a incorporación da muller ao traballo do mar, tanto pola costa recollendo percebe, ou ben, polo mar embarcadas en lanchas de baixura. De ámbolos dous casos hai exemplos tanto en Portocelo como en Morás. Tamén a nivel directivo se está producindo esa incorporación; así temos, por poñer un exemplo, un grupo de mulleres ocupando altos cargos na Xunta en temas marítimos.






















O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.



