LUGO .- A Escola de Imaxe e Son de Lugo, dependente da Fundación TIC cubriu o 80 por cen das parazas en dous días. Os interesados aínda poden realizar a preinscrición ata o venres na sede da Escola.
NOTA DE PRENSA
A TIC cubre o 80% da prazas para cursar estudos na EIS a dous días de que remate a preincrición
– Das 44 prazas que oferta a Escola de Imaxe e Son de Lugo, tan só quedan libres un 20% para poder cursar o ano que vén os ciclos superiores en Realización e Produción de Audiovisuais
– Os interesados aínda poden realizar a preinscrición ata o venres na sede da Escola
– A listaxe de admitidos publicarase o vindeiro luns na páxina web e no taboleiro do centro
A Escola de Imaxe e Son de Lugo, dependente da Fundación TIC, está a recibir un grande número de solicitudes para cursar o vindeiro curso 2010-2011, os ciclos superiores de Produción e Realización de Audiovisuais, Radio e Espectáculos. Nestes momentos, das 44 prazas que oferta o centro educativo están xa cubertas o 80%. O prazo remata este venres, polo que os interesados aínda poden solicitar ás últimas prazas na sede da Escola, situada na rúa Frei Plácido Rei Lemos. Tanto o impreso como a documentación correspondente, pódese descargar a través do portal web www.fundaciontic.org.
O vindeiro 12 de xullo, a Fundación TIC publicará na súa páxina web e no taboleiro da Escola de Imaxe e Son, a listaxe definitiva de admitidos, así como, a de solicitantes excluídos e os que quedan en espera.
A partir do 15 de xullo e ata ó 23 dese mesmo mes, abrirase o prazo para que os admitidos formalizacen a correspondente matrícula. De non facelo no prazo establecido, entenderase que renuncian á praza que será adxudicada ós solicitantes que quedaron en lista de espera por orde de entrada.
A única Escola de Imaxe e Son
A Escola de Imaxe e Son de Lugo é o único centro da provincia onde se imparte formación no eido do audiovisual. O centro ten como eixo fundamental a combinación de formación e práctica en contextos e escenarios reais, o que permite vencellar directamente a formación dos alumnos ás necesidades e esixencias das empresas do sector audiovisual. Deste xeito, dende o inicio da actividade da EIS, no ano 2003, máis de 125 alumnos cursaron os seus estudos de Produción e Realización. En 2009 foi o curso no que, por primeira vez, se cubriron todas as prazas e no que, debido o aluvión de demandantes, houbo unha ampla lista de espera.
Na actualidade, a Fundación TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais e mantén convenios de colaboración cunha decena de entidades sociais, para difundir o seu labor sen ánimo de lucro. A través destas colaboracións, a Deputación de Lugo dá un novo impulso á relación que a EIS mantén co sector empresarial para a realización de prácticas dos seus alumnos e na procura da súa inserción laboral ó remate dos seus estudos.




















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



