Cada vez que botamos unha ollada retrospectiva á historia local atopamos episodios que o paso do tempo os converten en feitos que hoxe nos parecen insólitos ou cando menos sorprendentes. Polo ano 1935 era alcalde de Foz Cándido Eijo Maseda . Na sesión do pleno da Corporación Municipal celebrado o 7 de febreiro do devandito ano tratouse, entre outros asuntos, o referido á adquisición dunha máquina de escribir que ó parecer tiña ofertada a casa Hispano Olivetti. O señor alcalde diu conta ós compañeiros da Corporación de que xa se recibira, enviada pola firma suministradora, a tapa e a base ou tabuleiro da máquina que faltaban e que se tiñan reclamado, completándose así a súa presentación e funcionalidade, polo que procedía aceptar en firme a proposición feita por dita Casa da venta dunha máquina Hispano Olivetti, modelo M. Hog, da súa fabricación; aparello que tiña un custo de 1789 pesetas ( 10,71 € ), cantidade que o vendedor aceptaba recibir en tres prazos: o primeiro de 500 pesetas ( 3 € ) o día 12 de febreiro de 1934, o segundo de 500 pesetas ( 3 €) ó ano seguinte e o terceiro, o resto, 789 pesetas ( 4,72 € ) o día12 de febreiro de 1936. Os membros da Corporación, despois de sopesar e debater tódalas consideracións do caso, por unanimidade acordan a adquisición definitiva da máquina de referencia, nas condicións expresadas, e aproba o pago do primeiro prazo, xa verificado. As cifras que se barallan nesta operación hoxendía poderían parecer irrisorias; pero para valoralas na súa xusta medida convén aportar algún dato tan elemental como significativo: por exemplo, que o presuposto do concello para aquel ano 1935 era de 83.000 pesetas ( 497 €), e o custo da máquina era igual ó importe total que por Dereitos e Taxas ía a ingresar o concello naquel exercicio. Para percatarse do que aquela inversión entón significaba baste decir que o xornal dun obreiro, no pleno da Corporación do día 6 de decembro de 1934, fixárase en 5 pesetas diarias (3 céntimos de euro); é decir que este traballador necesitaría a paga de todo o ano para facerse coa “Olivetti”…
SusoFernández


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



