TRABADA .- A Sociedade Agraria de Transformación Monte Trabada recibiu o segundo premio da VII Edición dos Premios Agader ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural polo seu Plan de Xestión Integral do Monte da Concentración Pública de Trabada. Un proxecto pioneiro en Galicia que incide sobre 1.000 hectáreas e beneficia a 235 propietarios. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu ao acto de entrega, no que estivo acompañado polo conselleiro do Medio Rural, en Nogueira de Ramuín, Ourense.
Nota de Prensa
“Unha Galicia sen un rural forte será sempre unha Galicia mancada”, subliña
FEIJÓO DESTACA OS “NOVOS INSTRUMENTOS” DA XUNTA PARA INCREMENTAR A FORZA DO MEDIO RURAL GALEGO E DESBOTA “VISIÓNS PATERNALISTAS”
* “Fronte a visións paternalistas é preciso darlle protagonismo a medidas valentes e imaxinativas que nos permitan saír das dificultades e seguir adiante”, asevera
* Avoga por potenciar o medio rural e por iso, remarca, “cada una das nosas preocupacións vai seguida dunha decisión”
* Pon como exemplo a aprobación dun Plan para o sector lácteo con máis de 800 millóns de euros; a posta en marcha da marca de calidade do leite galego; a renovación da Lei de Montes; a creación dunha nova figura de xestión forestal ou outras iniciativas encamiñadas a reducir a fenda entre o rural e o urbano
* “O noso sector primario foi desventurado en moitos momentos do seu pasado, pero ten a fortuna de poder ambicionar un porvir esperanzador”, sinala
* Salienta que para conseguir este futuro “cómpre ter presente que cando falamos do rural falamos de moitas cousas: de agricultura, de gandería e de aproveitamento forestal pero, por riba de todo, falamos de persoas”
* Felicita aos galardoados hoxe cos Premios Agader –Casa Museo A Solaina, Sociedade Agraria de Transformación Monte Trabada, ASPANAES, SAUDETER, APACAF e CAURELOR- “por facer do rural un lugar máis próspero e máis orgulloso de si mesmo”
Nogueira de Ramuín (Ourense), 14 de xullo de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo avogou hoxe por potenciar o medio rural galego dándolle “novos instrumentos para que siga adiante coa mesma forza que sempre” e evitando actitudes “paternalistas que servirían de ben pouco”. “Fronte a visións paternalistas é preciso darlle protagonismo a medidas valentes e imaxinativas que nos permitan saír das dificultades e seguir adiante”, aseverou.
No acto de entrega da VII Edición dos Premios Agader ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural, no que estivo acompañado polo conselleiro do Medio Rural, o mandatario galego insistiu en que non nos podemos conformar “coa identidade rural que temos configurado ata os nosos días” xa que, argumentou, “de pouco nos servirá se non poñemos en marcha as claves que nos axuden a asentar a nosa posición en España, en Europa e no mundo”.
“Unha Galicia sen un rural forte será sempre unha Galicia mancada”, subliñou. “Quizais iso non importe moito nalgúns centros de decisión de Madrid ou Bruxelas; pero a nós si que nos importa; impórtalle a quen ten unha explotación, unha horta, un monte; impórtalle aos empresarios que distribúen os noso produtos; e impórtalle á Xunta de Galicia”. Por iso, agregou Feijóo, “cada unha das nosas preocupacións vai seguida dunha decisión”.
Como exemplo desta política e do compromiso do Executivo que preside co agro galego lembrou a aprobación dun Plan para o sector lácteo dotado con máis de 800 millóns de euros; a posta en marcha da marca de calidade do leite galego; a renovación da Lei de Montes; a creación dunha nova figura de xestión forestal; ou outras iniciativas encamiñadas a reducir a fenda existente entre o mundo rural e o urbano, como o Plan de Banda Larga, os Plans Impulsa Lugo e Impulsa Ourense, a modificación da Lei do Solo ou o Plan Move.
Un rural con moito que achegar
Na súa intervención, Alberto Núñez Feijóo considerou que o rural galego “aínda ten moito que achegar” e lembrou que “lonxe daqueles que ven nas aldeas un modo de vida antigo” nelas radica “un fondo de creatividade e unha consistencia que –dixo- ten moito que ver con desenvolvemento cultural, social e, por suposto, económico de Galicia”. “Do contrario –engadiu-, non se entendería que daquela economía de subsistencia de antano pasaramos a xuntar dúas palabras outrora case antagónicas para formar un único concepto: desenvolvemento e rural”.
“O noso sector primario foi desventurado en moitos momentos do seu pasado pero ten a fortuna de poder ambicionar un porvir esperanzador”, sinalou Feijóo amosando tamén a súa confianza en que o rural “pode ser competitivo e sostible”. Pero para iso, advertiu, é preciso, en primeiro lugar, “ser, existir como tal e manter a súa identidade”. “Para que isto sexa posible cómpre ter presente que cando falamos do rural falamos de moitas cousas: de agricultura, de gandería e de aproveitamento forestal pero, por riba de todo –subliñou- falamos de persoas. O factor humano é o máis valioso recurso do noso mundo rural, o seu valor supremo”, incidiu.
Os galardoados cos Premios Agader
Por iso se congratulou da entrega dos Premios Agader ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural que nesta sétima edición premiaron seis proxectos “de heroes individuais ou colectivos que fan do rural un lugar máis próspero e máis orgulloso de si mesmo”.
O primeiro destes premios recaeu, nesta ocasión, na Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño, situada no concello pontevedrés de Vila de Cruces a quen Feijóo lle agradeceu “que o seu –que tamén é o noso- se perpetúe no tempo”. Esta Fundación, de interese cultural galego, leva 25 anos organizando eventos culturais relacionados coa pintura, a música ou o teatro desde o rural.
O segundo premio, concedéuselle á Sociedade Agraria de Transformación Monte Trabada, “que tanto fai polo mantemento da nosa riqueza forestal e pola superación de minifundismos desatinados”, polo seu Plan de Xestión Integral do Monte da Concentración Pública de Trabada. Un proxecto pioneiro en Galicia que incide sobre 1.000 hectáreas e beneficia a 235 propietarios.
A Asociación de Pais de persoas con trastorno do Espectro Autista (ASPANAES), con sede na localidade coruñesa das Pontes de García Rodríguez, recibiu o terceiro premio en apoio ao seu labor con persoas con esta enfermidade en toda Galicia e porque ten conseguido que entidades públicas e privadas se mobilizasen para ofrecer oportunidades reais para as persoas que sofren esta doenza. O cuarto e quinto dos galardóns foron, respectivamente, para a iniciativa Mellorando a túa saúde, de SAUDETER, S.C., de Verín, e para a candidatura presentada pola Asociación de Pais de persoas con Trastorno do Espectro Autista en Centros de Apoio Familiar (APACAF), con centros nas localidades pontevedresas da Estrada e Moraña. A estas tres organizacións, o presidente da Xunta déullelas grazas “por achegar coidados, benestar e dignidade ás xentes do rural”.
Da empresa artesá de transformación de produtos agroalimentarios CAURELOR, situada en Folgoso do Courel, e que recibiu o Premio especial para mozos de Agader, o presidente da Xunta destacou a posta en valor da produción agroalimentaria galega, en particular, da castaña e con ela, dixo, “da nosa marca máis próspera, que é a marca Galicia”. Actualmente, esta empresa distribúe os seus produtos de fabricación 100% ecolóxica en tendas de delicatessen de Madrid, Barcelona e varios puntos de Galicia.
Segundo explicou o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, na súa intervención, os Premios Agader pretenden “animar á participación pública e privada no proceso de desenvolvemento rural e contribuír á conservación e dinamización do contorno rural facendo del un ámbito máis atractivo”. Tratan, incidiu, de recoñecer aquelas actuacións que fomentan a xeración dunha sociedade rural “máis viva e cohesionada”.
Samuel Juárez, destacou, ademais, a pluralidade que caracteriza ás entidades e persoas galardoadas hoxe. “Representades unha selecta escolma de loables iniciativas que amosan, o carácter plural que ten o rural galego e que demostran que é posible dinamizar este medio non só a través dos sectores produtivos tradicionais, senón potenciando nel todas as facetas da actividade económica, social e cultural, concluíu.























Ao longo desta semana, máis de 40 científicas, divulgadoras, xornalistas e activistas participan nunha campaña simultánea en todo o Estado para achegar á cidadanía as consecuencias que os recentes ataques a Irán poden ter na vida cotiá. No marco desta iniciativa, celebrarase en Ribadeo un acto informativo o venres 17, na Escola Municipal de Música, ás 19:00 horas. Toda a información sobre o No Normal Tour está dispoñible en:
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
Reyco Burela FS convoca a todos os socios e socias á Asemblea Extraordinaria que se celebrará o martes 28 de abril no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca) nunha primeira convocatoria prevista para as 20.00 h. e segunda para as 20.30 h. O acceso será única e exclusivamente para socios e socias, que deberán asistir á xuntanza co carné de socio/a e o DNI. Orde do día: 1. Lectura e aprobación da acta anterior. 2. Situación económica xeral. 3. Procedementos xudiciais contra o club. 4. Accións adoptadas para a continuidade do club. 5. Rogos e preguntas
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.
A parada principal foi Cee, onde a expedición foi recibida no Museo Fernando Blanco, afondando nos vínculos históricos entre ambos municipios. Durante a visita, o director do centro destacou a “dobre conexión” entre Ortigueira e Cee, lembrando a figura de Manuel Rebollar, músico ortegán que dirixiu a Banda de Música de Cee entre 1927 e 1940. O recordo ao artista foi un dos momentos máis emotivos da xornada, ilustrando os lazos culturais que unen ás dúas localidades desde hai case un século.



