Nota de Prensa
A XUNTA MIRA CARA OUTRO LADO MENTRES SE PERDEN EMPREGOS NO GRUPO CERÁMICAS DE SARGADELOS
Os nacionalistas pregúntanse que foi do acordo plenario de maio de 2009 que avalaba ao goberno local para mediar con outras administracións para evitar a perda de emprego e apoiar a viabilidade da empresa.
Balseiro comprometeuse dobremente, tamén para facer xestións diante da Xunta a fin de evitar a perda dun só posto de traballo
A extinción de contratos anunciada debería xustificarse con claridade polos graves efectos que terá sobre moitas familias cervenses
Cervo, 7 de xullo de 2010. Diante das novas aparecidas nos medios de comunicación sobre a intención da empresa Cerámica de Sargadelos de prescindir de 34 postos de traballo do cadro de persoal da planta situada en Sargadelos, o BNG preguntouse que foi do acordo plenario de maio de 2009 no que o goberno local adquiría a obriga de mediar diante doutras administracións, especialmente a Xunta de Galiza con maiores competencias e capacidade para evitar a perda de empregos e apoiar a viabilidade da empresa. Os nacionalistas consideraron moi preocupante que na Cerámica de Sargadelos poidan perderse o 40% dos empregos, en boa parte especializado e desempeñado por mulleres, que son as que mais están a sufrir os efectos da crise económica.
A perda do 40% pos postos de traballo de Sargadelos sería un duro golpe para moitas familias cervenses
Os nacionalistas cervenses cualificaron de “moi grave e preocupante” a nova publicada nos medios de comunicación na que a dirección do grupo de Cerámicas Sargadelos, S.L. anunciou a posibilidade de prescindir de 34 persoas do seu cadro de persoal nas instalacións de Cervo e a perda do 40% dos 121 empregos, unha boa parte deles correspondentes a emprego feminino especializado que suporía un durísimo golpe para moitas familias cervenses. Para o BNG “debería explicarse e xustificarse con claridade a necesidade desta extinción de contratos despois de dous EREs encadeados, o último aínda sen rematar, nos que existía o compromiso de non prescindir de persoal e estaban suxeitos a un plan de viabilidade que debería permitir o remonte económico da empresa.”
O goberno local adquiriu en sesión plenaria o compromiso de mediar diante doutras administracións para evitar a perda de postos de traballo e apoiar a viabilidade da empresa.
O BNG lembrou que o pleno do 13 de maio de 2009 debateu unha moción nacionalista que instaba á Xunta de Galiza traballar coa dirección da empresa e representantes do cadro de persoal para garantir os postos de traballo e a viabilidade da empresa, un acordo que foi emendado polo PP no sentido de que sería o propio goberno local quen mediaría con outras administracións para o mesmo fin. “Os nacionalistas descoñecen cales foron as xestións do goberno local neste asunto, en calquera caso diante das malas novas agora coñecidas as xestións non foron moi frutíferas”.
Balseiro tiña un dobre compromiso, un como membro do goberno de Cervo e outro persoal que asumiu publicamente para facer xestións coa Xunta a fin de evitar a perda de emprego en Sargadelos.
Os nacionalistas tamén chamaron a atención sobre o dobre compromiso do Tte. Alcalde cervense e paralamentar, José Manuel Balseiro, neste sentido lembraron que o Sr. Balseiro comprometeuse publicamente a facer xestións diante da Xunta de Galiza para evitar calquera perda de emprego en Sargadelos, “que tampouco coñecemos nin vemos resultados”. O BNG criticou con dureza o “falar por falar do Sr. Balseiro que aínda non demostrou xestión algunha e ao igual que a Xunta e o goberno local semellan estar de brazos cruzados mentres Sargadelos se desangra”.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



