CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, formalizou xunto co conselleiro Agustín Hernández a firma do convenio de colaboración entre o Concello de Cervo e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que posibilitará a construción da futura Praza dos Campos de San Cibrao
Nota de Prensa
O ALCALDE DE CERVO FIRMA COA XUNTA O CONVENIO QUE POSIBILITARÁ A CONSTRUCIÓN DA PRAZA DOS CAMPOS
* Á cantidade de 900.000 euros do convenio hai que engadir ademáis outra axuda de Medio Ambiente por valor de 151.000 euros, o que posibilitará o financiamento da obra ao 100% por parte da Xunta de Galicia
* Os traballos desta nova área de ocio e lecer de San Ciprián darán comezo ao remate do verán
Cervo, 12 xullo de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, desprazous este mediodía a Santiago para formalizar xunto co conselleiro Agustín Hernández a firma do convenio de colaboración entre o Concello de Cervo e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia que posibilitará a construción da futura Praza dos Campos de San Ciprián, un espacio de lecer e ocio proxectado polo Goberno local.
Segundo recordou o rexedor cervense, a contía do convenio firmado esta mañá é de 900.000 euros, aos que hai que engadir 151.000 euros máis aportados tamén pola Consellería de Infraestruturas a través doutra liña de axudas “co que conseguiremos que o custe total das obras sexa financiado ao cen por cen pola Xunta de Galicia” recalcou Villares. A este respecto o rexedor agradeceu a colaboración económica prestada pola Xunta de Galicia “para que este proxecto no que levamos traballando dende hai moitos anos, poida ser por fin unha realidade dentro de pouco”.
Ao remate do acto protocolario da firma do convenio o alcalde cervense indicou que a consecución desta actuación urbanística no centro da vila de San Ciprián é a materialización de moitos anos de traballo do equipo de goberno cervense e sinalou que o obxectivo deste nova infraestrutura é “brindar un espazo urbano onde a xente se poda relacionar e realizar actividades; descansar e pasear”. Por último, Villares lembrou que os responsables do deseño deste novo espacio decantáronse por “abandonar calquera tipo de cuestións banais e quedarse so co esencial”. “Tratouse de propoñer unha praza sobria, pero transcendente, baseada en formas útiles e en técnicas axeitadas para satisfacer a súa función fundamental: o seu uso e o goce por parte dos cidadáns”.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



