CERVO .- O Concello de Cervo, a través da súa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, informa da liña de axudas postas en marcha recentemente pola Consellería de Economía dentro do denominado Plan Re-Comercia.
Nota de Prensa
O CONCELLO ASESORARÁ AOS COMERCIANTES QUE QUEIRAN OPTAR ÁS AXUDAS AUTONÓMICAS PARA O FOMENTO DA CREACIÓN E MELLORA DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS DO MUNICIPIO
Cervo, 5 de xullo de 2010.- O Concello de Cervo, a través da súa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, esta remitindo unha carta informativa a tódolos comerciantes do municipio para informalos da liña de axudas postas en marcha recentemente pola Consellería de Economía dentro do denominado Plan Re-Comercia.
Este plan vai encamiñado a mellorar a competitividade do comercio galego, así como a súa imaxe. A Xunta fixa tres tipos de subvencións. Para reformar ou ampliar un local até un máximo de 300 metros cadrados e para instalar equipamentos de aforro de enerxía e auga cun tope de 20.000 euros; para mellorar a imaxe do local con escaparatismo, rótulos e letreiros até un máximo de 12.000; ou ben para abrir sucursais de cadeas e locais de téxtil, comercio e xoiaría, para o que se fixa unha subvención máxima de 20.000 euros.
Estas axudas concédense en función do gasto previsto polos beneficiarios, pero en todo caso oscilan entre un máximo do 50 e o 70% do investimento previsto e o prazo para formalizar as solicitudes remata o vindeiro 23 de xullo.
Segundo indicou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o obxectivo do Concello e “achegar toda a información necesaria aos comerciantes retallistas do municipio para que poidan acceder a esta liña de subvencións”, e para iso, a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local “proporcionará asesoramento individualizado e axeitado as circunstancias persoais dos interesados”. Os comerciantes tamén poderán realizar consultas a través do teléfono do Concello (982-557-777).
Villares sinalou que “nestes tempos de dificultades económicas” dende o Concello teñen coma prioridade proporcionar a maior información e apoio posible aos comerciantes locais “para que poidan optar a todas as axudas públicas posibles que mellor se axeiten ás súas circunstancias”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



