CERVO .- “En Cervo vanse levar adiante os saneamentos da Senra, Figueirido e Cervo; e tamén a praza dos Campos de San Ciprián” asegura o goberno municipal de Cervo. Explican que “a construción da praza dos Campos de San Ciprián enmárcase dentro dun convenio firmado entre o Concello e a Consellería de Infraestruturas ao abeiro do Plan Hurbe” e o saneamento de Cervo e Figueirido está comprometido “en papeis oficiais”.
Nota de Prensa
ARMADA CREE QUE AS CRITICAS DA OPOSICIÓN SOBRE A PRAZA DOS CAMPOS SON PROPIAS DE “IGNORANTES POLÍTICOS”
* A representante do Goberno local lembrou que o saneamento de Cervo e Figueirido está comprometido “en papeis oficiais”
* Tamén rexeitou as acusacións de priorizar inversións e recordou que os expertos en baleirar de investimentos a Cervo foron os socialistas na súa etapa no bipartito da Xunta
* “Por moito que lles pese e por moitas pegas que sigan poñendo desde Psoe, en Cervo vanse levar adiante os saneamentos da Senra, Figueirido e Cervo; e tamén a praza dos Campos de San Ciprián”
Cervo, 17 de xullo de 2010.- A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Pilar Armada, quixo saír hoxe ao paso das acusacións vertidas polos membros da oposición contra o grupo de Goberno local en relación á futura creación dunha praza pública e zona de ocio en San Ciprián.
A edil cervense afirmou rotundamente que as “insidias” vertidas polos representantes do partido socialista “son máis propias de ignorantes políticos ou de intrigantes de medio pelo ca duns representantes públicos”. Neste sentido indicou que “só os idiotas” poden crer que o Concello de Cervo supedite a creación da futura praza dos Campos ao saneamento de Cervo e Figueirido.
Segundo Armada, as criticas socialistas “contéstanse por si soas, porque a diferencia do que eles facían cando tiveron responsabilidades de goberno na Xunta, os compromisos de investimentos para crear a praza de San Ciprián e o saneamento de Cervo-Figueirido están plasmados en papeis oficiais”. A representante cervense recordoulles aos socialistas que o saneamento de Cervo e Figueirido é unha obra adxudicada en xaneiro pasado e que o atraso das obras débese a unha modificación da ubicación da EDAR proposta polos propios técnicos do proxecto. “Trátase, pois, dunha obra consignada economicamente e cuxa adxudicación figura no DOGA e que se fará cumprindo os prazos previstos no prego de condicións” recalcou.
Así mesmo puntualizou que o investimento para a construción da praza dos Campos de San Ciprián enmárcase dentro dun convenio firmado entre o Concello e a Consellería de Infraestruturas ao abeiro do Plan Hurbe, proxecto promovido pola Xunta de Galicia que busca a mellora da calidade dos espazos urbanos e do cal se beneficiarán outros 40 concellos galegos ademais de Cervo. “Por iso non aparece unha consignación orzamentaria específica deste investimento nos orzamentos da Xunta, se non que forma parte dunha actuación xenérica de ámbito autonómico e polo tanto, nada ten que ver unha cousa coa outra. Se o que pretenden estes señores é confundir á opinión pública con acusacións veladas de transvase orzamentario están moi equivocados porque a xente, gracias a Deus, non é tan idiota como eles pensan porque por moito que lles pese e por moitas pegas que sigan poñendo desde Psoe, en Cervo vanse levar adiante os saneamentos da Senra, Figueirido e Cervo; e tamén a praza dos Campos de San Ciprián”.
Os socialistas, expertos en baleirar de investimentos a Cervo
Para o edil do grupo de Goberno local, estas acusacións dos socialistas deixan en evidencia a súa “desesperación” ao comprobar que a actual Xunta de Galicia está a facer un esforzo inversor “que o seu partido político non só nunca fixo cando tivo responsabilidades de Goberno na Xunta, se non que aínda por riba foron responsables de accións semellantes ás que agora nos acusan de facer sen ter ningún tipo de fundamento. E se non, que nos expliquen por que cando gobernaba o bipartito na Xunta decidiron levar o parque de bombeiros comarcal cara a Viveiro, ou rescindir o saneamento de San Ciprián, ou anular a área industrial compartida con Xove no entorno de Alcoa , ou reducir os ingresos de tódolos cervenses mediante unha decisión do Goberno ZP de revisión catastral de determinados solos industriais”.
Por todo isto, a concelleira popular cervense recomendoulles aos socialistas locais “menos maquinacións palaciegas” e animounos a traballar en aras do interese xeral de tódolos veciños do municipio “e non a propagar especulacións e bulos tendenciosos que so buscan tapar a súa nefasta xestión con Cervo cando tiveron a oportunidade de facelo”.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



