Nota de Prensa
VEIGA CENSURA O CINISMO E A HIPOCRESÍA DE BARCIA: “EN AGOSTO DE 2007 VOTOU A FAVOR DO QUE AGORA CRITICA”
O voceiro do BNG na Deputación, Antonio Veiga, referiuse deste xeito ás criticas que os populares verteron estes días sobre as retribucións que reciben os membros do goberno da Deputación e o persoal de confianza
Veiga lembrou que as asignacións orzamentarias destinadas ao goberno e aos grupos políticos da Deputación de Lugo foron aprobados no pleno celebrado o 7 de agosto de 2007 por unanimidade e co voto favorable do PP
Barreiros, 17 de agosto de 2010. O voceiro do BNG na Deputación de Lugo saíu ao paso das declaracións efectuadas recentemente polo vicevoceiro da oposición, González Barcia, nas que cargaba contra as asignacións orzamentarias da para o goberno e os grupos políticos con representación na Deputación. Segundo Antonio Veiga “Barcia aproveitou a concesión dunha subvención para lanzar a mensaxe que realmente quería lanzar xa que non foi capaz de atopar ningún argumento de peso para criticar ao actual goberno da Deputación”. Para o nacionalista “as criticas do Sr.Barcia son fáciles de asumir, entre outras cousas pola inconsistencia das mesmas, derivadas da súa fácil verborrea, que o leva a decir cousas que non son certas, e a agochar as que son certas, iso chámase manipular.” Antonio Veiga informou que as asignacións orzamentarias destinadas ao goberno e aos grupos políticos da Deputación de Lugo foron aprobados no pleno celebrado o 7 de agosto de 2007 por unanimidade e co voto favorable do PP. Veiga pediulle coherencia a González Barcia e reproduciu literalmente a intervención do representante do PP, recollida na acta do pleno, no momento de tratar este asunto en agosto do 2007 “Quero anunciar en primeiro lugar a nosa posición favorable con respecto á proposta en relación con estas cuestións… . Eu creo que este é un tema sobre o que se pode facer moita demagoxia, nos non imos a caer nela.”
O voceiro nacionalista, e responsable comarcal do BNG na Mariña, agradeceulle a González Barcia que contribúa a dar máis transparencia, se cabe, ao destino dos cartos públicos que xestiona a Deputación de Lugo por que esa é a filosofía do goberno bipartito da Deputación dende o ano 2007. Veiga lembroulle a Barcia que o goberno da Deputación está a traballar pola cultura e polo deporte como nunca se fixo dende este organismo “e senón que llelo pregunte ás asociacións, clubes e concellos que recibiron nestes anos máis de 11 millóns de euros en axudas para promover a cultura e o deporte”, Veiga referiuse tamén aos máis de 12 millóns de euros destinados ao mantemento, mellora e construción de instalacións deportivas.
Veiga recomendoulle ao viceportavoz dos populares que “aproveite esta fin de semana para relaxarse e disfrutar asistindo a todos os eventos que patrocina a Area de Cultura e Deporte da Deputación na Mariña”. A este respecto Antonio Veiga manifestou, como responsable de Cultura e Deporte, o compromiso desta área da Deputación coa comarca da Mariña e coas asociacións para a realización de eventos tanto de ámbito cultural como deportivo. Antonio Veiga insistiu en que “probablemente ao Sr. Barcia non lle guste que o Delegado de Cultura e Deporte estea presente no Campus de Fútbol Sala de Burela, na Foliada de Xove, no Festival Aires do Masma en Foz, no Festival Arreaocabo de Celeiro de Viveiro, nos cursos de formación teatral en Burela dentro do proxecto Buxiganga, nas Xornadas Culturais de Ourol, colaborando coas Festas de San Cibrao…… e sobre todo debe estar moi enfadado porque o programa lúdico-deportivo “Lánzate ao Verán” se celebre na Mariña, e concretamente en Burela”. Tras esta enumeración de actividades patrocinadas pola Área de Cultura e Deporte da Deputación Veiga referiu que “o Sr. Barcia esta instalado no canto peor mellor, e se por el fora, non se faría nada nesta comarca”.
Dende o BNG tamén aproveitaron para lembrarlle ao deputado de Burela que “o Sr. Veiga é oposición donde ten que selo, no concello de Barreiros, e é goberno alí donde os electores lle encomendaron selo: no Goberno da Deputación. Mentres que os electores burelaos e mariñans dixéronlle ao Sr. Barcia que non o querían nin para gobernar Burela nin para gobernar na Deputación, ou sexa, que tiña que ser oposición en Burela e oposición en Lugo”.
Antonio Veiga pediulle aos membros do partido popular que desenvolvan a súa lexítima función de oposición con dignidade e coherencia “función para a cal o actual goberno da Deputación dispuxo os medios necesarios como non sucedera nos 24 anos anteriores”.



















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



