GALICIA .- O ente público Portos de Galicia, cumprindo a nova normativa en materia de subministración eléctrica aos portos e dependencias do ente público contratará o subministro de enerxía eléctrica no mercado libre.O organismo portuario é o titular dun considerable número de contratos de subministro eléctrico necesarios para a operatividade das súas dependencias e portos
Nota de Prensa
O organismo portuario é o titular dun considerable número de contratos de subministro eléctrico necesarios para a operatividade das súas dependencias e portos
PORTOS DE GALICIA LICITA A CONTRATACION DO SUBMINISTRO DE ENERXIA ELÉCTRICA NO MERCADO LIBRE CUMPRINDO A NOVA NORMATIVA DO SECTOR ELÉCTRICO
* O obxectivo é o do cumprimento da normativa e, ademais, conseguir un aforro no subministro de enerxía en todos os portos e das súas dependencias con respecto ao actual
* O organismo portuario é o titular dun considerable número de contratos de subministro eléctrico necesario para proporcionar nos portos da súa competencia os servizos portuarios xerais, alumeado público, balizamento, e subministro de enerxía eléctrica
Santiago, 5 de xullo de 2010.- O ente público Portos de Galicia, cumprindo a nova normativa en materia de subministración eléctrica aos portos e dependencias do ente público contratará o subministro de enerxía eléctrica no mercado libre. O obxectivo é o do cumprimento desta nova normativa e, ademais, conseguir un aforro no subministro de enerxía en todos e cada un dos 122 portos do ente público e das súas dependencias con respecto ao actual, deste xeito ademais, será un único comercializador o do subministro eléctrico.
Para levar a cabo esta directiva, o ente público Portos de Galicia, anunciou no Diario oficial de Galicia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria, do contrato suxeito a regulación harmonizada da subministración de enerxía eléctrica aos portos e dependencias do ente público Portos de Galicia.
Como é sabido o organismo portuario é o titular dun considerable número de contratos de subministro eléctrico necesario, tanto para a operatividade das súas oficinas e demais dependencias, como para proporcionar nos portos da súa competencia os servizos portuarios xerais, como son o alumeado público, balizamento, e o servizo específico de subministro de enerxía eléctrica aos usuarios dos portos, imprescindible para o desenvolvemento das diversas actividades e operacións portuarias.






















Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



