Nota de Prensa
Unhas 13.700 persoas coñecen en dous días a e-administración e as súas avantaxes coa @ da Deputación
– O organismo provincial arranca con éxito en Viveiro a campaña de sensibilización e divulgación da administración electrónica grazas a pioneira carpa tecnolóxica
– O espazo lúdico-formativo percorreá toda a provincia preparando ós veciños para a vindeira chegada da administración sen papel que acadará a Deputación en 2011
– A Xunta debe axilizar os trámites de extensión de banda longa na provincia xa que sitúa este servizo no horizonte de 2013 impedindo ós lucenses ata entón realizar os 120 trámites que permite o Innova-TE do organismo provincial
A Deputación arranca con éxito en Viveiro a campaña de sensibilización e divulgación da administración electrónica grazas a @. A pioneira carpa tecnolóxica do organismo provincial acadou só en dous días, durante a súa estancia a carón da praia de Covas da localidade vivairense os días 15 e 16 de agosto, a visita dunhas 13.700 persoas, concretamente de 13.680. Os espazo lúdico-formativo de 120 metros cadrados, de cor vermella e forma de @ deu a coñecer ós participantes dunha maneira directa, sinxela e divertida a vindeira chegada da e-administración á provincia que fará realidade o organismo provincial en menos dun ano co Innova-TE, o programa tecnolóxico do organismo provincial.
Deste xeito, 3.500 persoas involucráronse no taller sobre o DNI electrónico e acadaron un diploma que acredita ser coñecedor da “chave” da administración electrónica. Outras 1.300 lograron nos sorteos tecnolóxicos lectores de DNI, USBs, 2 ebooks (lectores de libros tecnolóxicos), e 2 netbooks (ordenadores portátiles de baixo custe e pequenas dimensións). Ó respecto das actividades que a Deputación desenvolveu co obxectivo de achegar e familiar ós cidadáns coas novas tecnoloxías, todas elas ademais cedidas de forma totalmente gratuíta ó organismo provincial en colaboración a este tarefa, 1.300 visitantes participaron no taller de fotografías dinámicas, 600 no de postais dixitais, e 2.000 nos simuladores virtuais de carreiras de coches.
Como verdadeira carpa tecnolóxica, a @ da Deputación contou con señal Wifi e Blue Wifi interactuando xa cos cidadáns ó igual que se poderá facer dende ás administracións en 2011 grazas ó Innova-TE da Deputación. Milleiros de persoas recibiron mensaxes gratuítas nos seus móviles coñecendo minuto a minuto o que acontecía na @ e outras tantas puideron conectarse á Rede.
9 millóns de euros
A @ da Deputación enmárcase dentro do Innova-TE, o programa tecnolóxico dotado de 9 millóns de euros, co-financiado nun 70% con fondos Feder e nun 30% polo INLUDES. Desta cantidade, o organismo provincial adica 7 millóns de euros á implantación da e-administración na provincia, é dicir á dotación de medios e infraestruturas necesarias, así como á formación do persoal dos Concellos e do organismo provincial para acadar unha administración aberta 24 horas os 365 días ó ano. Ademais, a Deputación inviste máis de 1 millón de euros na implantación da banda longa nas Casas Consistoriais. Deste xeito, grazas ó Innova-TE, todos os municipios que se sumaron a este programa –50 Concellos xa que Alfoz, Antas de Ulla, Barreiros, Bóveda, Cospeito, Guntín, Folgoso do Courel, Ourol, Outeiro de Rei, Pantón, Paradela, O Saviñao, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Xermade, todo eles gobernados polo Partido Popular, renunciaron de forma voluntaria a esta iniciativa malia a invitación da Deputación-, terán sen custe algún portais de servizos, unha conexión á Internet de 2 megas como mínimo, e ata material informático coa potencia necesaria para interactuar cos cidadáns e realizar 120 trámites coa administración dende a Internet.
Da mesma forma, e como obriga da Unión Europea, o organismo provincial achega unha partida de 800.000 euros para sensibilizar ós cidadáns coa administración electrónica e coas novas tecnoloxías mediante campañas de difusión, cesión de material de última xeración, e mesmo seminarios e cursos sobre o emprego e as avantaxes da e-administración. @ da Deputación é unha das medidas encamiñadas a este fin que se suma a outras iniciativas que o organismo provincial acometerá ó longo deste ano. Por iso, a carpa tecnolóxica contou: cun taller sobre o DNI electrónico; sorteos de lectores de DNI, USBs en forma de chave como símbolo dunha administración aberta 24 horas, 2 ebooks, e 2 netbooks; un taller de fotografía dixital, outro de postais dinámicas e un simulador de carreiras de coches, -todas elas actividades que Vodafone e R cederon de maneira totalmente gratuíta á Deputación-; así como coa participación do monologuista Oswaldo e varios excéntricos persoaxes que explicaron de maneira sinxela e directa que é a e-administración e as súas avantaxes.
Viveiro foi o primeiro destino da @ xa que a Deputación levará este pioneiro espazo lúdico-formativo por toda a provincia. O organismo provincial, xunto cos Alcaldes da provincia, está a pechar o seu calendario de estancia primando a celebración de acontecementos multitudinarios como as festas de San Roque da localidade viveirense co obxectivo de achegar a administración electrónica ó maior número de cidadáns. Deste xeito, estará presente nas festas de San Lucas en Mondoñedo e no San Froilán de Lugo.
Sen acceso á Rede
A Deputación rematará en menos dun ano o proceso de implantación da administración electrónica, de dotación de banda longa ás Casas Consistoriais e de sensibilización e difusión cidadá da e-administración ó completar en 2011 o desenvolvemento total do Innova-TE . Deste xeito, o organismo provincial habilita o “coche” necesario para lograr unha “administración sen papel e sen colas” á espera de que a Xunta, entidade con competencia directa, habilite a “autopista” precisa achegando a banda longa ó 100% dos fogares lucenses.
Na actualidade, 162.085 veciños, é dicir o 45% da poboación da provincia, non teñen acceso á Rede facendo que Lugo sexa a provincia galega coa maior porcentaxe de habitantes sen este servizo. Malia que o organismo provincial garante co Innova-TE realizar 120 trámites coa administración mediante a Internet en 2011, os cidadáns non poderán executalos e terán que seguir desprazándose ata 2013 se o Goberno Galego non axiliza os trámites de extensión de banda longa. Segundo os plans da Xunta, en 2013 o 86% dos lucenses terán este servizo quedando un 14% sen el e sen data para obtelo. Tendo en conta as súas previsións, esta é ademais a maior porcentaxe de poboación sen cobertura de banda longa respecto ó resto de provincias galegas: A Coruña (4,4%), Pontevedra (3,1%), e Ourense (5,2%).





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



