Nota de Prensa
RAQUEL ARIAS DESTACOU “O BO FUNCIONAMENTO” DOS CAMPAMENTOS ESTIVAIS DA XUNTA NA PROVINCIA DE LUGO, NOS QUE ESTE VERÁN PARTICIPARON CASE 1.800 RAPACES E RAPAZAS
A delegada territorial da Xunta visitou o campamento de Area, en Viveiro, e destacou “a importancia que teñen estas actividades para potenciar o respecto ao medio ambiente e para promover a práctica deportiva entre os máis novos”
O número de prazas dispoñibles para esta convocatoria incrementouse nun 15% respecto ao ano 2009, con 1.355 prazas en oferta propia e 445 en oferta concertada
Este programa permitiu a creación de preto de 200 postos de traballo.
Viveiro, 24 de agosto de 2010.- A delegada territorial da Xunta na provincia de Lugo, Raquel Arias visitou esta tarde o campamento de verán que estes días acolle o albergue xuvenil de Area, no municipio de Viveiro, e constatou “o bo funcionamento” dos programas e as actividades estivais ofertados polo Departamento Territorial de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a través do Servizo de Xuventude e Voluntariado.
Raquel Arias insistiu ademais na “importancia que teñen estas actividades para potenciar o respecto ao medio ambiente e para promover a práctica deportiva entre os máis novos”, dous obxectivos comúns dos campamentos estivais que se desenvolveron na provincia. Neste sentido, a delegada territorial destacou que os campamentos son un valioso “instrumento de aprendizaxe” que “instrúen á mocidade na convivencia”, ao tempo que se divirten con actividades deportivas, culturais e lúdicas.
É o caso do campamento que se están a desenvolver no albergue xuvenil de Area, en Viveiro, onde un centenar de rapaces e rapazas procedentes de distintos puntos de Galicia disfrutan dende o día 17 de diversas actividades relacionadas co mar (vela, wakeboard…), ao tempo que aprenden nun aula de natureza mariña a cargo de persoal especializado.
A máxima representante do Goberno autonómico na provincia destacou ademais durante a súa visita, na que estivo acompañada polo Xefe Territorial de Traballo e Benestar, Antonio Dacal, “o importante esforzo que está a facer a Xunta para que cada ano sexan máis o rapaces e rapaces que participen nestas actividades”. Así, o número de prazas dispoñibles en Lugo para esta convocatoria foi de case 1.800 e superou nun 15% as ofertadas durante o ano 2009.
Traballo e Benestar completou a súa oferta de actividades estivais na provincia, con 1.355 prazas en oferta propia e 445 máis en oferta concertada, mediante a cesión de instalacións xuvenís dependentes da Dirección Xeral de Xuventude a colectivos ou corporacións locais para a posta en marcha dos seus propios programas.
A posta en marcha deste programa de actividades estivais permitiu ademais a creación de cerca de 200 postos de traballo na provincia, distribuídos entre as localidades de Lugo, Viveiro, Portomarín, Ribadeo e Palas de Rei, onde tiveron lugar os campamentos.
Entre as cinco instalacións albergarán nestes dous meses un total de 17 campamentos, distribuídos por tramos de idades nun abano que comprende entre os 9 e os 17 anos e cunha duración variable de entre unha semana e 12 días.
Así, no complexo de A Devesa, no municipio mariñano de Ribadeo, ata 475 rapaces puideron participar en seis campamentos distintos e para diferentes tramos de idade. Así, as tres edicións do campamento de multiaventura, destinado á mocidade de 10 a 14 anos, coincidiron no espazo cun campamento temático de historia –Unha viaxe a través do tempo- e con dous programas culturais centrados nas tradicións galegas (Sinte Galiza e Sons de A Devesa).
O campamento Galicia verde e azul, desenvolveuse, con similar temática, en Palas de Rei. A súa peculiariedade é que os rapaces que participaron nestas actividades, organizadas pola Delegación Territorial de Traballo e Benestar en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración, son galegos ou descendentes de galegos.
Os mozos e mozas das comunidades galegas no exterior tamén foron os protagonistas do programa Rotas Coñece Galicia, que se desenvolveu na capital lucense. Este campamento, que lles permitiu percorrer as principais cidades galegas, desenvolveuse no complexo residencial xuvenil LUG, que acolleu ademais o Campamento de teatro, que nesta oitava edición xirou en torno á obra Hamlet.
Actividades no Camiño
Estes campamentos estivais, incluídos no programa Acción de verán 2010, están destinadas aos rapaces e rapazas de entre 9 e 18 anos, aínda que este ano ampliouse a oferta coa creación dun campo de traballo de Animación Sociocultural no Camiño de Santiago para maiores de 18 anos.
O obxectivo destas actividades, que se desenvolveron no municipio de Palas de Rei, con sendas quendas na segunda quincena de xullo e a primeira de agosto, foi dar a coñecer o Camiño aos máis novos, a través de actividades socioculturais e técnicas teatrais. Este campo de traballo, organizado con motivo do ano Xacobeo, tivo ademais carácter internacional, coa participación de rapaces e rapazas procedentes de Cuba, Francia, Alemaña e a República Checa.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



