ADEGA – DOT: NOVO INSTRUMENTO PARA POLÍTICAS CADUCAS
Directrices de Ordeamento do Territorio (DOT): novos instrumentos para políticas caducas
Compostela, 29 de agosto de 2010. ADEGA vén de apresentar Alegacións DOT ás Directrices do Territorio, o suposto novo marco para unha planificación territorial sustentábel, e que fronte á realidade actual das políticas públicas son xa papel mollado. Un feixe de determinacións que ficarán derramadas ao bater cunha realidade ben distinta: insubmisión normativa dos concellos, “flexibilización” da Lei do Solo, amnistías e convenios urbanísticos ad hoc, planos sectoriais agresivos, continua “deconstrución” da cativa rede de espazos protexidos…Unhas Directrices que renuncian a intervir sobre as principais causas e consecuencias da actual degradación do territorio, deseñando un país virtual, mentras deixan vixentes as planificacións caducas e insustentábeis responsábeis desa degradación.
A renuncia a reverter os desaxustes e impactos derivados dunha caótica planificación territorial lexitima a política de “terra queimada” vixente durante anos neste país. Para evitar iso, dende ADEGA propomos que as DOT inclúan tamén actuacións destinadas a revertir estes impactos e sinerxias negativas das planificacións pasadas. Tamén a este respeito as DOT deberían suspender a execución dos instrumentos de planificación supra-municipal (Planos Sectoriais e Planos Territoriais Integrados) actualmente vixentes, responsábeis de moitas desfeitas.
Unhas DOT tampouco deberían adoecer de miopía a respeito do noso patrimonio natural, xa que un dos factores determinantes da perversa relación co territorio é a inexistenza dunha rede de espazos protexidos acorde coa nosa diversidade natural e a falla de instrumentos para garantir a súa conservación. Por iso dende ADEGA propomos o alongamento con carácter previo á aprobación das DOT da rede de espazos naturais protexidos, comezando pola Rede Natura 2000 –como mínimo nos termos da proposta elaborada pola Xunta en 2007-, e a posta en marcha das figuras de protección da paisaxe contidas na Lei 7/2008 da Protección da Paisaxe de Galiza.
Outra das principais eivas destas Directrices deriva da submisión das políticas públicas ao dogma das infraestruturas. As DOT consolidan un modelo baseado no transporte por estrada concretado no Plano MOVE, ao tempo que renuncian a desenvolver o ferrocarril de proximidade. Ter como obxectivo que o 80% da poboación fique a menos de 20 minutos dunha vía de alta capacidade, aumentando a rede até os 2300 km, oponse á Estratexia Europea de Desenvolvemento Sustentábel e contradí as recomendacións da Estratexia Galega contra o Cambio Climático 2010-2020. De paso, cría un novo xeito de discriminación por razóns de mobilidade, e fosiliza inmensas cantidades de recursos públicos (4.000 millóns de € só o MOVE). A alternativa, non é poñer unha autoestrada na porta de cada casa para poder acceder aos servizos, e menos nun país con alta dispersión poboacional, senón achegar estes á xente xerando proximidade. Para iso, cómpre inserir as necesidades de mobilidade no deseño habitacional e reducir fortemente a demanda do transporte, favorecer a intermodalidade, o transporte colectivo e o ferrocarril de proximidade.
Polo que atinxe aos camiños de ferro, nas DOT priorízase o desenvolvemento da rede de alta velocidade en detrimento da rede convencional. Esta falla de compromiso co tren de proximidade, evidenciada ao renunciar á conexión do sistema de cidades entre sí (o esquecemento da liña Santiago-Lugo é revelador), amosa que a proposta ferroviaria destas DOT non é outra que o caduco modelo “radial” centralista, mais agora de alta velocidade.
En definitiva, as DOT constitúen un pomposo exercicio de enxeñería territorial con poucas posibilidades de representar un cambio no tradicional e insustentábel modelo de relación co territorio: seguese a consolidar o “ti vai facendo” con amnistías urbanísticas e convenios a medida, a lexitimar o saqueo dos recursos através de Planos Sectoriais á carta, e a encher o país de asfalto mentres “deconstrúese” o noso patrimonio natural.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



