Nota de Prensa
O 13 AO 16 DE SETEMBRO TERÁN LUGAR EN RIBADEO AS XIII XORNADAS AMBIENTAIS QUE ABORDARÁN A XESTIÓN SUSTENTABLE DO PATRIMONIO NATURAL DE GALICIA. O PRAZO DE INSCRICIÓN ESTÁ ABERTO ATA O 10 DO VINDEIRO MES.
Ribadeo, 20 de agosto de 2010. Do 13 ao 16 de setembro terán lugar en Ribadeo as XIII Xornadas Ambientais que abordarán A xestión sustentable do patrimonio natural de Galicia. A cita foi presentada esta mañá no salón de plenos do Concello.
O edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, sinalou que “neste 2010 se celebra o ano internacional da biodiversidade, Ribadeo conta con núcleo de sostibilidade e tamén cunha reserva da biosfera, por iso a denominación elexida para esta nova edición das xornadas. Están organizadas polo Concello de Ribadeo, son patrocinadas e financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e contan coa colaboración de Aquagest, Os Irmandiños, Sogama, O Catalán, Ence, Os Molineros e Urbaser”.
O concelleiro nacionalista dixo que “teñen por obxectivo crear un foro de debate sobre a xestión do patrimonio natural”. As Xornadas Ambientais, compostas de seis mesas redondas, desenvolveránse no auditorio municipal Hernán Naval en horario de 10 a 14 e de 16:30 a 20 horas. Os interesados en participar poderán inscribirse ata o vindeiro 10 de setembro dirixindo un fax ao 982 130 975 ou enviando un correo electrónico a algunha das dúas seguintes direccións: medioambiente@ribadeo.org ou sostibilidade@ribadeo.org
Cupeiro engadiu que “estamos en trámites para conseguir o recoñecemento dun crédito de libre configuración pola USC para o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela que asista ás xornadas. Contamos cun elenco de importante de autoridades en cada materia que abordarán temas tan importantes como as riadas que sofriu esta zona nos meses de xaneiro e xuño pasados, o POL e as reservas da biosfera”.
Pola súa banda, o director das Xornadas Ambientais, Francisco Peña, dixo que “o que se pretende é poñer en valor o noso patrimonio natural e levar a cabo unha xestión sustentable dos recursos naturais. Haberá unha conferencia inaugural e seis mesas redondas que se adicarán á posta en valor do patrimonio natural de Galicia, especialmente da Mariña lucense, e aqueles factores que o condicionan como o sector forestal, os recursos mariños, o turismo sostible… Tamén se presentará aquí o Plan de Ordenación do Litoral, creo que unha das razóns é tentar loitar por cambiar este concepto de pasar do feísmo ao urbanismo sustentable”.
As seis mesas redondas levan por título: Posta en común do patrimonio natural de Asturias e Gal























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



