BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convida a veciños e visitantes a disfrutar de Produart e da feira do bonito. O rexedor fai “unha invitación global a toda Galicia, tanto aos nosos veciños coma aos que nos visitan estes días. Imos ter unha fin de semana moi movida aquí en Burela, comezamos hoxe con Produart, a feira dos produtos artesanais e ecolóxicos, que se inaugura ás sete da tarde. Alí estarán presentes sectores como alimentación, cosmética, saúde, hixiene, tecnoloxías alternativas, imos procurar facer unha boa exposición e grata para o visitante”. Produart comeza hoxe e prolóngase ata o vindeiro domingo.
Llano lembra que “mañá sábado celébrase a vixésimo sexta edición da feira do bonito, evento de interés turístico en Galicia. Queremos tamén convidar a todo o mundo a degustar o noso príncipe azul. Vai ser un espectáculo ver como se asa o bonito a partires das dez ou das once da mañá, despois estarán os xogos da costeira e finalmente sesión vermú ás dúas da tarde. O obxectivo desta feira é promocionar este peixe que se pesca por parte dos nosos barcos de forma artesanal, o cal é un valor engadido. O bonito será cociñado e ofrecido de varias formas, o prezo da ración será de 6 euros e inclúe pan e viño”.
O alcalde burelés considera que “é unha ocasión extraordinaria para degustar o bonito, para visitar Burela e Produart, para ver o noso paseo e o barco museo. Merece a pena achegarse a Burela esta fin de semana. Todo o mundo será benvido, agardamos unha grande afluencia de público polas datas nas que nos atopamos. O tempo acompañará e pensamos que merece moito a pena vir a Burela desde hoxe e ata domingo”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



