CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Educación, Yolanda Pedreira, deron a coñecer no día de hoxe a posta en marcha dunha nova liña de axudas municipais para o transporte dos alumnos do termino municipal que cursan estudios de secundaria postobrigatoria e ensinanzas superiores.
Para cubrir as peticións que se podan recibir o Concello ten consignado un orzamento inicial de 6.000 euros procedentes das arcas municipais e segundo indicou a responsable da área de Educación municipal, o obxecto desta nova subvención é axudar “na medida das nosas posibilidades” a aquelas familias que polas súas condicións socioeconómicas teñen máis dificultades para afrontar os gastos de desprazamento dos seus fillos e fillas para estudar fora do termo municipal “é contribuír deste xeito a facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación”.
Os beneficiarios destas subvencións serán os estudantes que cursen, fora do termo municipal e en centros de ensinanza sostidos con fondos públicos, algún dos seguintes estudios que non se imparten no Concello de Cervo:
* Educación secundaria postobrigatoria:
o Bacharelato (modalidade de artes)
o Formación profesional de grao medio
o Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio
o Ensinanzas deportivas de grao medio
* Educación superior:
o Ensinanza universitaria (diplomatura, licenciatura ou grao)
o Ensinanzas artísticas superiores
o Formación profesional de grao superior
o Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior
o Ensinanzas deportivas de grao superior
Quedan excluídas desta convocatoria de axudas, as ensinanzas de réxime especial (ensinanzas de idiomas, artísticas ou deportivas).
As axudas poderán ser solicitadas por aquelas unidades familiares empadroadas no municipio que teñan fillos cursando algunha das modalidades ou cursos educativos anteriormente citados e cuxos ingresos per cápita sexan iguais ou inferiores ao IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) e que está marcado en 6.326,86 € anuais. A súa contía da subvención será de 150 euros por cada alumno/a beneficiario.
No suposto de que unha vez efectuada a avaliación das solicitudes se supere o límite máximo da subvención (6.000 €), procederase a retirar aquelas solicitudes cuxas rendas sexan máis elevadas, ata o límite do crédito máximo establecido.
Para formalizar as solicitudes os beneficiarios terán que proporcionar a fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar, a fotocopia do Libro de Familia, a certificación do nivel de renda 2008 de todos os membros computables da familia, a certificación do centro educativo que acredite que a/o alumna/o está matriculada/o e asiste ás clases no curso académico 2009-2010 e unha copia cotexada do boletín de cualificacións ou certificación expedida polo centro educativo de terse presentado alomenos ao 50% das materias correspondentes á matrícula no curso 2009-2010
A concelleira cervense confiou en que esta iniciativa sexa ben acollida entre a comunidade escolar, “xa que a aposta pola educación é unha das bases fundamentais da sociedade”.
Pola súa banda, Alfonso Villares sinalou que a intención do equipo de Goberno local é a de “ampliar e completar o xa de por si amplo abano que temos en materia de axudas de carácter educativo” e incidiu en que o Concello de Cervo destina anualmente máis de 61.000 euros en subvencións para a comunidade escolar. “Non me cansarei de repetir que, tendo en conta que somos un concello pequeno e cunha comunidade escolar reducida, somos o municipio da Mariña que máis recursos económicos propios destinamos porcentualemente para este fin e facémolo porque estamos convencidos de que a educación debe ser o motor principal do futuro do noso municipio” asegurou o rexedor cervense.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



