Nota de Prensa
O voluntariado forestal, desmantelado por Feijóo, chave para a concienciación e a disuasión
17 de agosto de 2010. De aqueles pós veñen agora estas lamas. O desmantelamento por parte do governo Feijóo dos dispositivos do Voluntariado en Defensa do Monte Galego, iniciado trala catástrofe de 2006, exemplifica a política suicida da Xunta en materia de loita contra o lume. Abandono da prevención, esquecemento da sensibilización e da disuasión, recurtes e precarización dos dispositivos de extinción, paralización das UXFOR e privatización encoberta através das SOFOR…. Todo adubiado coa censura informativa, a mentira e a manipulación dos datos, conforma o bochornoso espectáculo dun governo superado polos acontecementos e que non aprendeu ren do pasado, agás para botarlle a culpa ao vento.
LUME E POLÍTICA. Un artigo de Adela Figueroa, ex-presidenta de ADEGA
Galiza volve a arder. E ainda falta setembro, mes no que “secan as fontes e arden os montes”. Para algúns, o exercicio do poder consiste en desmantelar todo o que os governos anteriores levaran feito: hai que marcar diferenzas, mesmo suprimindo os acertos. Un claro exemplo foi a disolución do dispositivo do Voluntariado en Defensa do Monte Galego, que se artellara no verán de 2006, polo San Roque. A partir de aquel momento os incendios comezaran a recuar. Non estou a dicir que o Voluntariado fose o responsábel directo nen único da diminución dos lumes, mas si que foi un dos varios elementos que colaboraron, e non o de menos importancia.
Dende ese fatídico agosto de 2006 e até a chegada de Feijóo ao poder, sempre houbo Voluntariado en Defensa do Monte Galego, que se artellaba xa antes do verán, mais que traballaba tamén no inverno en varios acampamentos: Forcarei, Monforte, Vilagarcía…. A idea de que os incedios do verán apáganse no inverno tentou ser unha realidade durante os anos seguintes ao desastre de 2006. Nestes acampamentos realizábanse traballos de Educación Ambiental con estudantes dos colexios de toda Galiza, colaborábase coas Comunidades de Montes na restauración dos ecosistemas degradados polos incendios, e facíase divulgación e sensibilización ambiental contra do lume. As cuadrillas de Voluntarios/as en Defensa do Monte Galego, eran visíbeis nas zonas de risco no rural e nas zonas periurbanas. Fixeron un importante labor de disuasión, de prevención, de axuda e de colaboración cos dispositivos antiincendios. Conformaron equipas de xente que acabou por se integrar coa poboación e se indentificar co ambiente, implicándose en posteriores procesos ecolóxicos e ambientais. ADEGA tivo un importante papel na organización e mantemento destes dispositivos que fíxonos merecentes do premio “Arousana do Ano” en 2007.
É um grande erro desprezar a experienza e a sabedoría adquirida polos predecesores no exercicio do poder. Desmantelando o dispositivo do Voluntariado en Defensa do Monte Galego, a Xunta non está a aforrar cartos, pois os incendios saen imensamente máis caros que a prevención. O labor de implicación social na corresponsabilidade e a custodia do noso entorno é un porceso longo, como todos os procesos de ensino-aprendizaxe, mais é un investimento en futuro. Calquera persoa sensibilizada co medio, e hai moitas neste país, estaría disposta a colaborar coa Xunta na prevención desta lacra social, ecolóxica e económica que son os incendios, independentemente da súa cor política. Só precisan de oportunidades, e o que fixeron precisamente os Sres. Feijóo e Juárez foi quitárllelas. Iso sí, cando os lumes lles estouparon na cara e foi imposíbel seguir agochando dimensión do problema, clamaron pola colaboración da sociedade… e culparon aos “elementos” (tanto meteorolóxicos como incendiarios).
Lamentamos infinitamente a desgraza dos dous rapaces de Fornelos de Montes mortos cando loitaban, integrados no SEAGA, contra o incéndio nesa localidade. Quero enviar as miñas condolenzas aos seus, esperando que non se volten dar as circunstancias que fixeron posíbel tan triste acontecemento. Por iso é importante que teñamos a conscienza de que queimar um monte é um acto criminal que debe ser repudiado pola sociedade e castigado pola xustiza. E que os governos deben pór todo da súa parte para loitar contra deles, incluindo a sensatez de recoñecer e aprender dos erros cometidos.
Adela Figueroa Panisse, membro da Directiva nacional e ex-presidenta de ADEGA





















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



