O vindeiro xoves, 19 de agosto, inaugúrase en Foz a XXVFeira do Libro de Galicia. Efectivamente, o día 14 do mesmo mes do ano 1986 iniciábase a que sería exitosa andaina anual no eido da promoción da cultura, como o é sempre toda iniciativa dirixida a potenciar a lectura, e as feiras do libro están universalmente aceptadas como un dos medios mais adecuados para combatir o analfabetismo, pois alguén dixo que “non é analfabeto o que non sabe ler, senon o que sabendo, non le”. Nacía así o certame focego coa incertidume do futuro que lle esperaba; un temor que non era infundado, pois localidades de maior entidade que que a vila focega non foron quen de mantelas e algunhas sobreviviron a trancas e barrancas, faltando algúns anos á cita. Non foi éste o caso, que dende a primeira edición de contado se consolidou, erixíndose na mais prestixosa das feiras que se celebran nas vilas da nosa terra e que permite que este fin de semana celebre as vodas de prata. Unha efeméride, sen dúbida, digna de suliñar.
Naquela ocasión fora o pregoeiro un xove Ramón Pernas, recoñecido escritor e xornalista viveirense, á sazón director da Editorial Espasa-Calpe. Ramón Villares, Decano da Facultade de Historia de Santiago, a quen Alianza Editorial acababa de publicar o seu libro Historia de Galicia, díu unha conferencia acerca da mesma; pouco tempo despois sería elexido Rector da Universidade e na actualidade é presidente do Consello da Cultura Galega; Jorge Víctor Sueiro, xornalista, redactor-xefe de TVE, escritor especializado en temas gastronómicos que, nunha amena charla referírase á cociña galega; Isaac Díaz Pardo, intelectual e empresario de tanto prestixo, entón director de Sargadelos, falara sobre Castelao e a guerra civil e o xornalista e escritor don Xosé Trapero Pardo, ex-director de El Progreso, disertara encol do Mariscal Pardo de Cela. Outra serie de actividades: actuacións folclóricas, concurso de debuxo ó aire libre e demais completaban a interesante programación daquela exitosa I Feira do Libro de Foz, punto de partida para a celebración desta XXV edición.
Suso Fernández


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



