NOTA DE PRRENSA
A Confederación Intersindical Galega ante as declaracións do conselleiro delegado da Fábrica de Cerámicas de Sargadelos
A sección sindical da Confederación Intersindical Galega ante as declaracións do conselleiro delegado da Fábrica de Cerámicas de Sargadelos, D.Segismundo García publicadas esta fin de semana na prensa, vémonos na obriga de puntualizar o seguinte:
Resulta cando menos paradoxal que este Sr. pida discreción nas negociacións, cando durante o mes que levamos negociando, a parte social levou a discreción ate o punto de non ter enviado notas de prensa. Esta ausencia de comunicados á prensa foi incluso censurada polas traballadoras e traballadores na ultima asemblea, na que lle solicitaron ao comité que saíse aos medios para contrarrestar as información que dende a dirección estaban a dar.
Como di o Sr. Garcia nesas declaración á prensa, debemos buscar unha solución aos problemas “o menos traumática e o máis consensuada posible”. Pero non nos parece que despedir a un terzo da plantilla sexa unha solución “pouco traumatica”. Estamos a falar de traballadores altamente especializados (mulleres na maior parte) que levan corenta anos traballando para esta empresa, e dicir, toda a súa vida laboral entregada a este proxecto empresarial. E é por iso, porque existe ese vinculo tan importante, que as traballadoras e traballadores da Cerámica de Sargadelos non dubidaron á hora de axudar a capear unha situación de crise como a actual aportando o seu desemprego nos dous EREs aprobados ate o momento.
Segundo a información facilitada pola propia empresa os resultados deste ano están sendo positivos, e estase a reconducir a situación dos anos anteriores. Resulta difícil de comprender como no peor da crise, no momento de maior caída de vendas, a solución pasaba por un ERE de suspensión temporal, e agora, cando melloran os datos e as expectativas de futuro parecen máis positivas a medida “necesaria pero non suficiente” a tomar (segundo o Sr. García) sexa despedir un terzo do persoal.
As asesorías técnicas dos tres sindicatos que forman o comité coinciden en que a situación que se desprende da documentación aportada pola dirección non é en absoluto tan critica como nos queren facer ver. E polo tanto as medidas propostas son absolutamente desproporcionadas. Dende o comité puxéronse enriba da mesa solucións alternativas para conseguir o mesmo aforro de custes de persoal pero sen necesidade de despedir a ningún traballador.
As traballadoras e traballadores de Sargadelos SI cremos no futuro desta empresa, SI cremos na calidade e orixinalidade dos nosos produtos e nos valores que estes representan e polo tanto SI cremos na superación desta situación. Por iso estamos dispostas a negociar ata alcanzar un acordo e tomar as medidas transitorias que sexan precisas.
Agora é o turno da dirección, de demostrar a súa boa fe negociadora, de ser coherentes coa filosofía desta empresa e o seu compromiso social, ampliando a negociación o necesario ate chegar a un acordo.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



