NOTA DE PRENSA
AS CRÍTICAS DOS SOCIALISTAS SO INTENTAN AGOCHAR O SEU MALESTAR CONTRA O GRUPO DE GOBERNO POR TER LOGRADO PARA O CONCELLO UN OBRADOIRO DE EMPREGO
* Os responsables locais aseguran que as recentes manifestacións da concelleira Lara Méndez e dos seus compañeiros de partido denotan a impotencia e incapacidade para facerse cargo de labores da súa competencia
Cervo, 25 de setembro de 2010.- A concelleira de Medio Ambiente de Cervo, Pilar Armada, saíu ao paso das criticas socialistas nas que acusaban ao Concello de realizar labores de limpeza nos viales provinciais do termino municipal cos alumnos do módulo de xardinería do Obradoiro de Emprego “Terras de Azul Cobalto”.
Para a voceira municipal, as manifestacións dos socialistas denotan “a impotencia e incapacidade” dos responsables socialistas na Deputación para facerse cargo de labores da súa competencia. Armada recalcou que o Concello vese na obriga de asumir esta labor “pola inacción e absoluta inoperatividade” dos compañeiros de partido dos socialistas cervenses na Deputación “e dos que forma parte importante a súa propia voceira”. Asegurou tamén que coas súas declaracións o PSOE local deixa en evidencia “a irresponsabilidade e vagancia” do ente provincial cando afirman que a Deputación xa abordou os traballos de mantemento da infraestrutura viaria do municipio a través da empresa concesionaria deste servizo.
“¿Entón, se eles mesmos din que a Deputación acaba de facer os traballos de limpeza das súas carreteiras no noso concello, como é que temos que ir nos a limpalas de novo? Isto so se pode explicar porque eles non se preocupan de facer ben o seu traballo e dálles igual como queden as estradas” recalcou Armada, quen asegurou tamén que “so faltaría que tivésemos á espera de responsables socialistas da Deputación para facer estes traballos, porque entón chegaríamos a estar nunha selva”.
Para a responsable de Medio Ambiente cervense as estradas do concello están en mal estado “e hai que actuar, e botarlle a culpa á empresa adxudicataria dos traballos non é a solución”.
DOENTES E RESENTIDOS
En opinión de Armada, o que lles ocorre aos socialistas “e en especial a algunha concelleira con cargo na Deputación” é que “están doentes, resentidos e con un certo malestar contra do equipo de Goberno local por ter conseguido materializar políticas de emprego que buscan dar saída e futuro laboral a un bo numero de desempregados do noso municipio” e asegurou que dende o Concello seguirán loitando para conseguir máis fomento do emprego “e para que ninguén nos torpedee o noso proxecto”.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



