Nota de prensa:
Barcia: “Besteiro pretende que os lucenses lle paguen a súa campaña electoral”
* O voceiro adxuntos dos populares apunta que o orzamento total da Fundación TIC incrementouse un 38,35 por cento con respecto a 2007, un 175 por cento se a referencia é a partida adicada a gastos correntes
Lugo, a 14 de setembro de 2010.- “O Grupo provincial do Partido Popular non só non se desdice senón que se reafirma no dito onte: a Fundación TIC é un despilfarro e os medios materiais e humanos cos que conta estanse a adicar a preparar a campaña electoral do Partido Socialista e nomeadamente do presidente da Deputación”, asegura o voceiro adxunto do populares na institución provincial José María González Barcia, quen conclúe que “Gómez Besteiro pretende que a súa campaña corra a conta de todos os lucenses”.
No que atinxe ó despilfarro, Barcia explica que a comparativa entre a partida económica adicada polo anterior goberno da Deputación e o actual ó mantemento desta fundación falan por si mesmos.
Así, segundo asegura, a partida total adicada a este fin nos orzamentos deste ano supoñen un incremento dun 38,35 por cento con respecto ós do ano 2007, ó pasar de 1.135.506,72 a 1.570.955 euros.
É se esta ampliación “xa é notoria, dada a coxuntura económica actual da que non é allea a propia administración provincial, máis o é aínda”, engade, “que os gastos derivados dos salarios do persoal incrementárase nun 50 por cento (de 583.529,07 a 873.608,47 euros) e os gastos correntes un 175 por cento (de 203.127,9 a 557.346,53 euros). Uns datos que poden constatarse nos propios orzamentos da Deputación para o presente exercicio”.
Nesta comparativa, o voceiro adxunto dos populares, non pasa por alto que a aportación económica que, con cargos os seus fondos propios, fai a Deputación a esta fundación increméntase, tamén con respecto ó 2007, un 63 por cento (de 932.166,72 a 1.515.455 euros), así como a drástica rebaixa nos ingresos que recibe en concepto de cuotas dos usuarios e que ascende ó 98,3 por cento, ó pasar de 204.240 euros a só 3.500.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



