Nota de Prensa
Galiza Nova-A Mariña convoca asambleas con estudantes dos Institutos da Mariña para organizar a participación xuvenil na Folga xeral.
A militancia de Galiza Nova analizará con o conxunto do estudantado mariñán a mellor forma de afrontar a xornada de Folga Xeral convocada para o 29 de Setembro.
As asambleas desenvolveranse ao longo desta semana e rematarán a seguinte. As primeiras levaranse a cabo o mércores no I.E.S. Monte Castelo de Burela e I.E.S. Marqués de Sargadelos de San Cibrao. Os encontros de Galiza nova co estudantado mariñán continuarán o xoves nos I.E.S. Martín Sarmiento e Vilar Ponte de Viveiro, o venres as asambleas de estudantes continuarán nos I.E.S. ribadenses Gamallo Fierro e Porta da Auga. A ronda de reunión rematará o luns no I.E.S. de Foz e en Burela no I.E.S Perdouro. Todas as asambleas realizaranse na hora do recreo.
Nestes encontros Galiza Nova busca achegar as/aos estudantes as iniciativas que a organización xuvenil levará a cabo en relación á xornada de folga e buscará a colaboración dos mesmos para facer do 29-S un éxito.
Galiza Nova quere transmitir a xuventude mariñá a necesidade de demostrar que a mocidade da nosa comarca non vai sucumbir ante os embates empresariais e gubernamentais que se están a dar contra os dereitos laborais d@s traballadores, especialmente grave no caso d@s máis xovens e o por iso anima a toda a mocidade a participar nesta xornada de folga e asistir á manifestación convocada pola CIG ese mesmo día ás 18:00 en Foz con saída da delegación de Facenda.
“Mocidade con emprego, pobo con futuro! A Mariña contra a reforma laboral”.

















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



