NOTA DE PRENSA:
O contrato de redacción do proxecto de trazado, adxudicado en abril de 2007, establecía a necesidade dun enlace intermedio no treito Landrove-Celeiro
Medio Ambiente asegura que o enlace centro de Viveiro converte á Variante de Viveiro nunha verdadeira circunvalación que mellorará as conexións do núcleo urbano
A solución escollida é a única viable e non suporá facer modificado algún no trazado, simplemente, trátase dun axuste para adecuar o deseño as necesidades de conexión da circunvalación ao núcleo de Viveiro
A Consellería de Medio Ambiente considera que mellorará a mobilidade dos habitantes de Viveiro e dos da toda a comarca, así como a accesibilidade do núcleo urbano e potenciará o desenvolvemento económico
O departamento autonómico asegura que este vial mellorará notablemente a calidade de vida destes núcleos urbanos, xa que diminuiría a contaminación acústica e atmosférica, entre outras cuestións
Tal e como se intenta facer en todos os proxectos de infraestruturas, a Consellería tratará de diminuír os impactos e atenuar as afeccións que o novo deseño poida producir
Santiago, 9 de setembro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asegura que o enlace centro de Viveiro converte á Variante de Viveiro nunha verdadeira circunvalación que mellorará notablemente as conexións do núcleo urbano e do resto da comarca. O departamento que dirixe Agustín Hernández reitera que non se está a elaborar un novo trazado, senón un axuste do existente, que deseñou no seu momento o Goberno bipartito.
Tal e como se intenta facer en todos os proxectos de infraestruturas, a Consellería tratará de diminuír os impactos e atenuar as afeccións que o novo deseño poida producir.
Este axuste ven definido continuando as directrices do Executivo anterior para executar o enlace interior en Variante de Viveiro, co fin de lograr que sexa unha auténtica circunvalación desta localidade lucense. Por elo, ao non estar traballando un novo trazado non é necesario un estudo comparativo e sinálase que o proxecto ten estudo de impacto ambiental.
Así mesmo, no contrato de redacción do proxecto de trazado establecíase que no mesmo se ía incluír un novo enlace intermedio no treito Landrove-Celeiro e conexión co núcleo de Viveiro. Este contrato foi adxudicado en data 25 de abril de 2007.
Decisión beneficiosa
Esta decisión xustifícase pola necesidade de captar tráfico para a VAP da Costa Norte e, polo tanto, rentabilizarase socialmente o investimento que implica esta nova e complicada infraestrutura. Así mesmo, este subtreito de Celeiro-Landrove (Viveiro Sur) ten que funcionar como unha auténtica variante, desconxestionando de tráfico as travesías de Viveiro e Celeiro, que sofren importantes retencións, sobre todo, na época estival; o que sen dúbida mellorará notablemente a calidade de vida destes núcleos urbanos, xa que diminuiría a contaminación acústica e atmosférica, entre outras cuestións.
Por outra banda, suporá a mellora da mobilidade dos máis de 28.000 habitantes de Viveiro e a súa comarca, así como, a accesibilidade do núcleo urbano, potenciando o seu desenvolvemento económico. Neste momento, as dúas estradas que verán reducido o seu nivel de tráfico, é dicir, a LU-540 e a LU-862, soportan un total de case 20.000 vehículos ao día, polo que a construción deste vial suporá unha importante redución de paso de vehículos por ditas estradas e polo centro da localidade lucense de Viveiro, o que significa unha mellora da seguridade vial nesta zona.
A solución escollida é a única viable e non suporá facer modificado algún no trazado, simplemente, trátase dun axuste para adecuar o deseño as necesidades de conexión da circunvalación ao núcleo de Viveiro.
Así mesmo, levase a cabo unha mellora ambiental importante, xa que se reducen un millón de metros cúbicos de escavación e 800.000 m3 de sobrantes a vertedoiro que se eliminan.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



