Nota de Prensa
Barcia: “a Deputación bipartita é unha axencia de colocación da executiva socialista”
* Afirma que Carlos Ferreiro, membro da executiva socialista de Lugo, cobrará 50.000’00€ anuais como asesor do INLUDES
* O portavoz adxunto do Grupo Provincial afirma que en tempo de crise o paro non lle afecta ós dirixentes socialistas.
Venres, 3 de setembro de 2010.- O portavoz adxunto do Grupo Provincial Popular na Deputación lucense, José María González Barcia, acusou a Gómez Besteiro de querer convertir a Deputación bipartita nunha axencia de colocación de destacados membros do PSOE, logo de afirmar que Carlos Ferreiro, secretario de cultura e educación da executiva socialista lucense vén de ser nomeado asesor do INLUDES, polo que cobrará cincuenta mil euros anuais.
González Barcia afirmou que este caso únese ó de Luis Edrosa, que mediante unha manobra que incumple os estatutos do INLUDES, vén de ser nomeado director do ente provincial, ou o de José Ramón Val, exdelegado provincial de pesca, que se adica a acompañar a Besteiro pola Mariña. Barcia tamén dixo que Teresa Facal, exxefe de gabinete de Touriño, é persoal eventual da Deputación pero curiosamente non aparece nunca pola Deputación. Ademais, un exalto cargo da CIG, Xesús Arrizado, tamén se vén de incorporar á área de Recursos Humanos.
Para o deputado provincial do PP, “esto demostra que, en tempos de crise, o paro non lles afecta ós dirixientes socialistas, que cobran altísimos soldos a cargo dos cartos de todos os cidadáns. Mentres o número de personas que sofren os efectos do paro vén de aumentar no mes de agosto en sesenta e unha mil persoas, os dirixentes socialistas teñen cómodos sofás e magníficos soldos nas institucións públicas”.
Barcia dixo que “esta política de colocación de cargos socialistas busca exercer un control partidista da Deputación Provincial, xunto coa modificación da relación de postos de traballo aprobada en Xullo, que permite que certos postos de traballo acaparen un poder cuasi absoluto”.
O voceiro adxunto dos populares manifestou que “as consecuencias de todo esto son que os servicios que funcionaban e eran relevantes agora pasan a ser ineficaces. Ademais, o INLUDES, unha institución que tiña prestixio, agora está sumido na inoperancia e no desánimo, porque os proxectos non saen, e se saen, saen a contagotas. Así, a Axencia Provincial da Enerxía ainda está prácticamente na nada. Se a eso lle unimos as contratacións de empresas externas para a realización conclusión é simple Besteiro está a desmantelar o INLUDES”.

















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



