A Mariña, 25 de febreiro, 2026. O senador socialista César Mogo afirmou que “o PP de Lugo pasa da mentira á fantasía” ao referirse ás declaracións realizadas polo deputado José Manuel Balseiro sobre a A-74. Segundo Mogo, o Partido Popular “segue instalado na manipulación como forma de facer política”, especialmente no relativo ás infraestruturas pendentes na Mariña.
O senador sinalou que non é novidade que o PP “manipule respostas do Goberno ou falsee o balance da súa etapa”, pero considera que agora “chegan á fantasía” ao asegurar que, con Mariano Rajoy na presidencia, a autovía estaría rematada, cando —lembrou— “en sete anos non executaron nin un só centímetro nin había previsión real de facelo”.
Mogo criticou tamén que o PP “presuma” da variante de Viveiro, que cualificou de “insuficiente”, e lembrou que o propio Balseiro pedía que as obras dos 37 km entre Barreiros e Xove estivesen iniciadas en 2025, mentres que agora sitúan o inicio de 6 km desa variante como pronto para 2028.
O senador advertiu de que esta actitude “non é comunicar coa cidadanía, senón enganala”. Reiterou que o PSOE defende que a A-74 é unha infraestrutura urxente que o Goberno debe impulsar canto antes, e que a VAC Costa Norte é igualmente prioritaria para completar as comunicacións da Mariña, unha responsabilidade que —subliñou— corresponde á Xunta.
Mogo lembrou que os dous tramos da VAC foron licitados durante o Goberno de Pérez Touriño e que, durante o mandato de Rajoy, “non se executou ningunha obra de relevancia na provincia de Lugo”. Por iso pediu ao PP “menos manipulación e máis traballo”, ao considerar que “abusar da maioría absoluta no Senado para distorsionar a realidade está feo, e entrar na fantasía é algo que deberían revisar”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



