Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA
O anterior Goberno bipartito e o Executivo socialista de Asturias non contribuíron en absoluto a satisfacer as necesidades en infraestruturas que ambas comunidades veciñas teñen, pese a comprometerse a elo nos distintos cumios interatonómicos
O Grupo Popular promove un acordo no Parlamento de Galicia polo que se lle insta a Fomento a acelerar a finalización da autovía do Cantábrico e retomar o proxecto do AVE
* O PP esixe ao departamento de Jose Blanco que adopte todas as medidas necesarias para que a A-8 estea en servizo no ano 2011
* Piden tamén que Fomento retome a redacción do Estudo Informativo do corredor ferroviario de alta velocidade entre Ferrol- Asturias – Cantabria e Bilbao
A Mariña, 10 de setembro de 2010.- O Grupo Popular promoverá na vindeira sesión plenaria do Parlamento de Galicia a adopción dun acordo polo que se lle esixe ao Ministerio de Fomento a acelerar dúas infraestruturas de importancia estratéxica para a comunicación das comunidades do Noroeste español: a autovía do Cantábrico e o proxecto de redacción da liña de alta velocidade entre Ferrol – Asturias – Cantabria e Bilbao.
Máis en concreto, o Partido Popular insta ao departamento ministerial que dirixe Jose Blanco a que adopte de inmediato todas as medidas necesarias para acelerar a construción das obras, co fin de que a A-8, despois de múltiples atrancos, poida estar en servizo na súa totalidade no ano 2011. Tamén os populares reclaman que Fomento retome a redacción dos Estudo Informativo do proxecto de corredor ferroviario de alta velocidade das comunidades cantábricas, que foi contratado en 2003, de tal xeito que poida ser sometido a información pública no ano 2012.
CUMIOS INTERAUTONÓMICOS IMPRODUTIVOS
Os deputados Jose Manuel Balseiro Orol e Alejandro Gómez Alonso son os autores da iniciativa parlamentaria (proposición non de lei) a través da que queren poñer de relevo que a xestión de ambos Gobernos autonómicos, tanto o anterior bipartito galego como o socialista asturiano, non contribuíu en absoluto a satisfacer as necesidades que ambas comunidades veciñas teñen. Boa mostra disto son os incumprimentos en materia de infraestruturas e dos plans de dinamización comprometidos nos distintos cumios interautonómicos celebrados en febreiro de 2006 e no mesmo mes do ano 2007.
INCUMPRIMENTOS
Os populares insisten en que a pesar do tempo transcorrido desde os devanditos cumios entre os gobernos de Asturias e Galicia, e a pesar incluso do relevo fronte ao Ministerio de Fomento constátanse hoxe os seguintes incumprimentos:
Autovía do Cantábrico: Non se respectou o prazo de finalización da obra (previsto en 2009) e os distintos recortes, o cese durante meses da actividade e a insuficiencia orzamentaria implicará un atraso na entrada en servizo desta vía de ata 3-4 anos.
AVE Transcantábrico: O tren de alta velocidade que unirá catro comunidades autónomas e tres países (Portugal, España e Francia) foi anulado polo Executivo de Zapatero. En xaneiro de 2007, no BOE publicábase a decisión de Fomento de deixar sen efecto as encomendas de xestión afectuadas a ADIF, o xestor público de infraestruturas ferroviarias.
BENEFICIO MUTUO
Por todas estas razóns e verificado o esquecemento que Fomento practica na Mariña, e que está a causar grande malestar entre a súa poboación e representantes municipais, os populares promoverán un toque de atención ao Executivo socialista. A idea básica é que tanto Asturias como Galicia son comunidades que comparten moitas materias, situacións e inquedanzas comúns, o que aconsella unir esforzos e promover o impulso das actuacións que implicarán un beneficio mutuo para ambas comunidades.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



