Nota de prensa:
Ladrillos e coches non se comen: por un compromiso co noso agro
3 de setembro de 2010. A política de dumping practicada por algunhas empresas leiteiras está a convertir o agro galego nun ermo. Esta estratexia vese favorecida pola falla de compromiso institucional para defender o sector agrogandeiro, nomeadamente o leiteiro. Tras promover activamente a intensivización durante anos, facilitar a concentración do mercado nunhas poucas mans, e facer ouvidos xordos á demanda dun grupo lácteo galego, a administración segue dando as costas ao agro autóctono, refén da especulación das transnacionais. En ADEGA coidamos que sen un mundo rural vivo, os desequilibrios ambientais agrávanse: despoboamento e abandono, cambio de usos e especulación, lumes… Resulta indecente que a Xunta siga a subvencionar a merca de coches, malia á constante caída das vendas, e a achantar o camiño á especulación urbanística e industrial, en troques de apoiar aos sectores produtivos baseados na terra que contribúen a manter vivo o mundo rural.
Un medio rural vivo e sustentábel é chave para a conservación de moitos dos nosos hábitats naturais. O abandono, o despoboamento, o cambio de usos e a especulación urbanística e empresarial están detrás de problemas tan graves como os incendios e da continua perda de biodiversidade.
As políticas públicas nunca tiveron en conta as especificidades do noso territorio e as especiais relacións coa terra dos habitantes do mundo rural, valedores dun equilibrio secular, grazas ao cal aínda somos un dos territorios con maior biodiversidade de toda Europa.
A actual crise económica ten unha forte compoñente ambiental: ao cambio climático hai que engadir a explotación insustentábel dos recusos naturais propiciada polas economías especulativas, que colocaron a moitos ecosistemas naturais ao borde do colapso. Por iso unha das medidas para saírmos da crise e promover o aproveitamento sustentábel destes recursos, con criterios de suficiencia, eficiencia e proximidade, e comezando polo eido local. As adminsitracións deberían apostar por afortalar os sectores produtivos autóctonos, nomeadamente os baseados nos recursos da terra, en troques de fomentar a deslocalización dos mercados, a especulación cos alimentos e a perda da soberanía alimentar. Subvencionar economías especulativas como as baseadas na construción ou na produción de coches mentras o mundo rural esmorece e as transnacionais decretan o que podemos comer, de onde ten que vir e a que prezo, é suicida.
Como se poden soterrar millóns de euros nos rescates dos bancos, responsábeis da actual crise, ou en subvencionar a produción e consumo de coches (que por certo segue a caer, convertíndose nun trasvase directo de fundos públicos aos petos dos fabricantes que seguen apresentando EREs), mentres ése cómplice dunha política de terra queimada no mundo rural?
Dende ADEGA queremos amosar outra volta o noso firme compromiso cun mundo rural vivo e manifestar o noso apoio ás reivindicacións por un prezo digno para o leite galego.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



