Dentro do proxecto Buxiganga o sábado 2 de outubro, ás 20.30 horas, no Teatro Pastor Díaz, actuación do grupo de teatro afeccionado A Adala de Foz, coa obra “Ilusións”. Autor: Francisco Piñeiro. Dirección: Francisco Piñeiro. Sipnose: Esta obra trátase dunha comedia dun único acto de 90 minutos de duración , na que se reflexiona sobre a perda de valores humanos en conflicto co desenvolvemento actual. Amósase unha crítica satírico-cómica coa que se pretende afrontar a realidade que nos toca vivir. Patrocina: Deputación de Lugo. Vicepresidencia Primeira e Concello de Viveiro. Entrada Libre






















O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



