Nota de Prensa
REMEDIOS LÓPEZ CONVIDA A VECIÑOS E VISITANTES A PARTICIPAR NAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DO POLBO QUE SE CELEBRAN DESDE HOXE ATA O DOMINGO EN BURELA.
Burela, 8 de outubro de 2010. Hoxe comezan as xornadas gastronómicas do polbo. A concelleira do Mar, Remedios López, convida a veciños e visitantes a disfrutar deste sabroso manxar.
A edil socialista anima “a toda a poboación a acercarse ata Burela esta fin de semana para degustar as distintas receitas que elaboran os 18 hostaleiros que participan nestas xornadas. Todos ofrecerán polbo a feira por 8 € a ración e logo a maiores haberá outras degustacións como: brocheta de polbo con langostinos, polbo á vinagreta, polbo con ameixas, polbo ao allo, polbo mariñeiro, polbo á prancha, polbo encebolado, arroz branco con espeto de polbo en salsa de champiñóns, polbo á malagueña, ensalada temprada de polbo con algas, capricho de polbo, polbo con tempura de grelos e salsa de champiñóns, guiso de polbo en milfollas, cazola de polbo…”.
Os restaurantes participantes son: bar Raio, restaurante Lucer, Palacio de Cristal, mesón Carlos, mesón Hamilton, restaurante Os Remos, A Marquesa, mesón Don Jamón, restaurante Sargo, bar Trisquel, cervexería A Bodeguilla, bar Pena Orxal, Parrillada de Jandro, bar Facenda, cervexería Kiko, Casa Miranda, hotel Galatea e bar da Costa. Remedios López lembra que “entre todos os comensais que participen nas xornadas gastronómicas do polbo sortearase una cea para dúas persoas coa que a Concellería do Mar agasallará ao ganador que sairá do sorteo que terá lugar o mércores 13 de outubro”.




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



