Nota de Prensa
OS PUPILOS DE SUSO REY IMPÓÑENSE A ELPOZO CONTRA VENTO E MAREA (2-0)
A bancada laranxa foi testemuña onte dun dos mellores partidos dos últimos tempos en Vista Alegre. Os pupilos de Suso Rey impúxeronse a ElPozo Ciudad de Murcia (2-0) nunha cita espectacular, que non conseguiron empañar as polémicas decisións arbitrais e na que Edu estivo sublime.
O Burela FS tivo a fortuna de recibir na bomboneira a un rival con iniciativa, que saltou á pista para xogar ao fútbol sala. Dende o primeiro minuto, ambas as dúas metas tiveron que facer fronte a perigosas chegadas, pero foi Minu quen materializou no minuto 10, aproveitando un centro de Esteller. A dous minutos para o descanso, André desaproveitou unha ocasión clara, só ante o porteiro murciano.
No segundo período, os burelistas tiveron que arrastrar a desmedida actuación dos colexiados; no minuto 25, o cadro laranxa xa acumulaba catro faltas. No entanto, no 30, Juanma puido proporcionar un extra de tranquilidade, ao finalizar un rexeitamento a un lanzamento de Esteller.
Con cinco faltas laranxas no 35, ElPozo decidiu saír pola remontada con porteiro-xogador e comezou o recital do meta burelista. Cun panorama nada favorecedor chegou o peor, a expulsión de Minu no 37, por man dentro da área local, pero aí estaba Edu, como muro infranqueable ante o penalti de Álex. As habilidades do ‘octopus’ naronés compensaron a desvantaxe numérica e neutralizaron o continuo asedio murciano ata o asubío final.![]()





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
