Nota de prensa
LNB NorLeste
2ª xornada da Liga Nacional de Billarda celebrada onte 17-10-10 en Vilanova da Lourenzá.
Onte, domingo 17 de Outubro ao pé do antergo Monasterio de San Salvador, no cantón de Vilanova de Lourenzá, disputouse a 2ª xornada correspondente a LNB da conferencia Norleste.
O día era axeitado para a práctica deportiva nun fermoso paraxe e ca presencia de múltiples xiareiros e curiosos que se foron achegqando para ollar as eliminatorias que daban paso a disputa final do saqueto de fabas.
Como a miudo ocorre, houbo sorpresas ao quedaren eliminados na primeira rolda palanadores da sona de Markytos, Xermán, Reyes, Geni, Marcos, etc. etc. o que dí ben as craras a progresión dos novos valores que se veñen engadindo a serpe multicolor da LNB.
O primeiro finalista foi Ginés dos Remourelle Bulls, que deixou fora a Borxa sin problemas e logo a Xan Rodiño, ainda que tivo que emplearse a fondo e chegar a un desempate co palanador dos Bateas.

Hugo, dos Billardeiros Musicais, pola súa parte desfíxose de Eric e nunha semifinal a tres, de Lola e de Moisés acadando por segunda vez consecutiva as finais nesta tempada que acaba de comenzar.
O tercerio finalista, outro compeñente dos Billardeiros Musicais, que tamén repite con Hugo foi Daniel, que non tivo problemas con Flores e protagonizou a semifinal mais emocionante con Guille de Os Outros. Un duelo a cara de can entre dous palanadores que se coñecen a perfección e donde ous dous tiñeron que sacar os seus mellores golpes. Remataron empatados. Na primeira carreira para deshacer a igualada, a un varado de Daniel respondeu Guille con outro varado. Nova carreira na que Guille de un espectacular tiro guindou a billarda a rentes do varal, oportunidade que non desproveitou Daniel que cun novo e definitivo varado traspasou as portas cara a final.
Na final tampouco faltou a emoción, os tres palanadores coñécense de vello, e cada un sabe das posibilidades dos outros, de tal xeito que as diferencias entre as puntuacións foron mínimas e quedaron deste xeito:
3º Ginés con 3 puntos. 2º Hugo con 4 puntos. 1º Daniel con 5 puntos.
Además do saqueto de fabas para o Campión, os tres finalistas foron agasallados cun artesanal e vistoso pratiño a modo de trofeo. Noraboa a tribu billardeira por iste novo éxito deportivo.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
